O cabaleiro das botas azuis (orixinalmente El caballero de las botas azules) é unha novela en lingua castelá da escritora galega Rosalía de Castro, publicada en 1867.El Caballero de las botas azules : cuento extraño (1867) en Galiciana, Biblioteca de Galicia. É unha novela romántica, que foi publicada en Lugo, pola imprenta de Soto Freire.El caballero de las botas azules na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Xa no século XXI, foi traducida á lingua galega. Descrición Considerada pola crítica a máis interesante das novelas de Rosalía e subtitulada como «cuento extraño», constitúe unha enigmática fantasía satírica na que a escritora expón unha variedade de relatos de corte lírico-fantástico con trazos costumistas que ten o obxectivo de satirizar tanto a hipocrisía como a ignorancia da sociedade madrileña. Conflúen na súa composición elementos provenientes de dous campos, como son a libre imaxinación (influencia de E. T. A. Hoffmann) e a sátira realista de costumes. miniatura|Edición nas obras completas de 1911.
Edicións Fixéronse máis de 20 edicións distintas de El caballero de las botas azules.
En galego O cabaleiro das botas azuis (2001). Noia, Toxosoutos. Trad. de Carlos Castro Piñón. ISBN 84-95622-13-0.O cabaleiro das botas azuis Editorial Toxosoutos. O cabaleiro das botas azuis (2009). Vigo, Trymar. Trad. de Xosé Carlos Morell González. ISBN 978-84-95758-90-3."Orden … por la que se conceden las subvenciones públicas…" BOE .
Na cultura popular Como obra de teatro televisado, foi emitida no espazo Hora once da 2.ª Cadena de Televisión Española, en xaneiro de 1973, interpretada, por, entre outros actores: Leo Anchóriz, María Luisa Ponte, Fernando Chinarro, Margarita Calahorra e Lola Lemos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
AAVV (1986). Actas do congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, v. 1. CCG. USC: Fernández-Pérez Sanjulián, C. "O prólogo de El caballero de las botas azules ou o ensaio dunha poética nova", vol. 1, 475-482. Gullon, Germán. "El caballero de las botas azules: farsa de las letras decimonónicas", vol. 1, 483-491. Miralles, Enrique. "El caballero de las botas azules, un manifiesto anti-anovelado", vol. 1, 457-463. Mundi Pedret, Francisco. "El caballero de las botas azules, la nueva estética de Rosalía", vol. 1, 465-474. Posada Alonso, Caridad. "Modelo de elaboración del texto para el Caballero de las botas azules", vol. 1, 493-502 Risco, Antón. "Unha novela fantástica de Rosalía: El caballero de las botas azules", vol. 1, 449-455.
Outros artigos Literatura do Romanticismo Ligazóns externas Urbán Baños, Alba (2006). "Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules", Lletra de Dona, en Centre Dona i Literatura, Barcelona, UB .
Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 1867 Categoría:Obras literarias de Rosalía de Castro Categoría:Libros no dominio público Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego Categoría:1867 en Galicia