Ahed Tamimi (en : ‘Ahad at-Tamīmī, tamén romanizado Ahd), nada o 30 de marzo de 2001, é unha activista política palestina, filla do tamén activista Bassem al-Tamimi. É unha figura da resistencia contra a ocupación israelí en Cisxordania, coñecida polas súas aparicións en imaxes e vídeos nos cales se enfronta a soldados israelís.

Traxectoria Ós trece anos, en decembro de 2012 Ahed viaxou a Turquía xunto coa súa nai, Neriman Tamimi, para recibir o premio Handala á coraxe, outorgado polo concello de Başakşehir en lembranza da personaxe homónima creada por Naji Salim al-Ali, símbolo da loita palestina: Ahed e a súa nai foron recibidas polo primeiro ministro de Turquía, Recep Tayyip Erdoğan. En decembro de 2017, foi detida por un tribunal militar por dar unha labazada a uns soldados israelís que patrullaban a súa vila durante unha manifestación contra a ocupación israelí.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Activistas de Palestina