Os bosníacos (en , singular masculino: Bošnjak, feminino: Bošnjakinja) son unha nación e grupo étnico eslavo que habita principalmente en Bosnia e Hercegovina. Unha minoría nativa de bosníacos vive noutros países dos Balcáns, especialmente na rexión de Sandžak de Serbia e en Montenegro (onde os bosníacos forman unha maioría rexional), así como en Croacia e Kosovo. Os bosníacos caracterízanse pola súa adherencia á relixión musulmá dende os séculos XV e XVI, pola súa cultura común e pola lingua bosníaca.
Arredor de dous millóns de bosníacos viven nos Balcáns, cunha poboación dun millón máis de bosníacos noutras partes do mundo. O xenocidio e limpeza étnica durante a Guerra de Bosnia (1991–95) tivo un forte efecto na distribución territorial da poboación. En parte por mor distoCommittee on Foreign Relations, US Senate, The Ethnic Cleansing of Bosnia-Hercegovina, (US Government Printing Office, 1992) existe unha significativa diáspora bosníaca en varios países, incluíndo Austria, Alemaña, Turquía, Australia, Suecia, o Canadá e os Estados Unidos de América.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Grupos étnicos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Kosovo Categoría:Grupos étnicos de Montenegro Categoría:Grupos étnicos de Serbia Categoría:Grupos étnicos de Croacia Categoría:Grupos étnicos de Turquía Categoría:Grupos étnicos de Macedonia do Norte