Sílvia Alcàntara i Ribolleda, nada en Puig-reig (Berguedà) en 1944, é unha escritora catalá.
Traxectoria Vive en Terrasa desde mediados da década de 1960. Desde comezos da década de 1990 participou na Aula de Lletres en Barcelona para aprender técnicas de escritura literaria, e completa a súa formación no Ateneu Barcelonès.
En 2009 publicou a súa primeira novela, Olor de Colònia, editada por Edicions de 1984, que evoca a vida dunha colonia téxtil a mediados do século XX e as envelenadas relacións sociais, a combinación de despotismo e condescendencia que rexía a súa vida. Nacer, vivir, reproducirse e morrer entre as paredes dunha fábrica que vai máis alá do centro de traballo, que é tamén escola igrexa, tenda e vivenda. A novela recibiu os premios QWERTY BTV (2009), Regió7 (2009) e Joaquim Amat-Piniella (2010), e foi finalista do Premio Llibreter de narrativa (2009)
En 2012 rodouse a miniserie Olor de colònia, unha produción de Diagonal TV e Televisió de Catalunya baseada na novela homònima.
Novelas Olor de Colònia (Edicions de 1984, 2009) La casa cantonera (Edicions de 1984, 2011) Els dies sense glòria (Edicions de 1984, 2016)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sílvia Alcàntara, na web da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana. Sílvia Alcàntara no proxecto de entrevistas Lletres i Memòria. Sílvia Alcàntara, no proxecto LletrA da Universitat Oberta de Catalunya e o Institut Ramon Llull.
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Puig-reig Categoría:Nados en 1944