STS-125 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 11 de maio de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-125, con sete astronautas a bordo, foi a cuarta e última misión tripulada para dar servizo, reparar e mellorar o Telescopio Espacial Hubble. Foi o único lanzamento do transbordador autorizado sen destino á Estación Espacial Internacional despois da traxedia da misión STS-107 na que se perdeu o Columbia en 2003. A tripulación estaba formada polo comandante Scott D. Altman, o piloto Gregory C. Johnson e os especialistas de misión Michael J. Massimino, Michael T. Good, K. Megan McArthur, John M. Grunsfeld e Andrew J. Feustel.
Planeada inicialmente para abril de 2004, a misión foi aprazada varios anos. Durante cinco paseos espaciais os astronautas substituíron dous instrumentos científicos, repararon outros dous e substituíron xiroscopios, sensores estelares, un ordenador, baterías e proteccións térmicas.
O Atlantis aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, California, o 24 de maio de 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis Telescopio espacial Hubble
Categoría:Programa STS