STS-31 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 24 de abril de 1990 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-31, con cinco astronautas a bordo (o comandante Loren Shriver, o piloto Charles Bolden e os especialistas de misión Bruce McCandless, Steven Hawley e Kathryn Sullivan), foi lanzada para poñer en órbita o telescopio espacial Hubble e realizar varios experimentos. O despregue do telescopio foi gravado mediante cámaras IMAX. Entre os experimentos a bordo atopábanse os de crecemento de cristais de proteína, investigación en membranas de polímero, un experimento AMOS, medición de radiación e experimentos deseñados por estudantes.
Para poñer o Hubble nunha órbita estable e de longa duración o Discovery chegou ata os 600 km de altura, a órbita máis alta alcanzada nunca por un transbordador. A órbita elevada foi aproveitada polos astronautas para obter imaxes completas de características de grande escala da Terra que non poden obterse desde órbitas máis baixas. A altura da órbita tamén implicou que o acendido dos motores para a deorbitación do transbordador foi a máis longa de tódalas misións STS, con 4 minutos e 58 segundos. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 29 de abril de 1990.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS