A ponte da Amizade une o concello galego de Tomiño co portugués de Vila Nova de Cerveira cruzando o Río Miño. Na parte galega conecta coa PO-552 e a CG-4.2 na rotonda de Goián.
Historia As obras iniciáronse en xuño de 2002 cun orzamento de 6 460 613,92 €, financiado a partes iguais entre a Xunta de Galicia e o goberno portugués; a ponte foi inaugurada o 10 de xuño de 2004. Permite o tránsito de vehículos e persoas sen teren que coller transbordadores de Goián-Vila Nova de Cerveira, cuxa actividade foi interrompida pouco tempo despois e unicamente segue en funcionamento o transbordador A Guarda-Caminha.
Notas
Véxase tamén
Amizade Categoría:Tomiño Categoría:Río Miño Amizade