STS-43 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 2 de agosto de 1991 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-43, con cinco astronautas a bordo (John E. Blaha, comandante, Michael A. Baker, piloto, e os espcialistas de misión Shannon Lucid, G. David Low e James C. Adamson), foi lanzada para poñer en órbita o satélite TDRS 5 e facer varios experimentos. Foi a novena misión do transbordador Atlantis e entre os experimentos a bordo estaban un radiador experimental, un experimento para a observación no ultravioleta, instrumentos para comunicación óptica, crecemento de cristais, procesamento de materiais e experimentos de fluídos en microgravedade.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de agosto de 1991.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS