STS-51-F foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 29 de xullo de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Aos 5 minutos e 45 segundos da engalaxe o motor número un apagaouse prematuramente debido a un problema cun sensor, declarándose un aborto a órbita. A pesar do fallo os outros dous motores compensaron a falta de pulo, co transbordador chegando a unha órbita normal.

Características STS-51-F, con sete astronautas a bordo, lanzada co laboratorio Spacelab 2 na súa bodega de carga para facer unha serie de experimentos a bordo nunha ampla gama de campos, desde física a bioloxía, pasando por astronomía e investigacións puramente tecnolóxicas. A tripulación estaba formada polo comandante Gordon Fullerton, o piloto Roy D. Bridges, os especialistas de misión F. Story Musgrave, Anthony W. England e Karl G. Henize e os especialistas de carga Loren W. Acton e John-David F. Bartoe.

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de agosto de 1985.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger

Categoría:Programa STS