A canle Oude Delft (en galego: "canle vella de Delft") é a máis antiga das canles que sucan a vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Corre en sentido norte a sur e atravesa a parte occidental da cidade. A canle dálle o nome, tamén, á súa rúa anexa.

Historia miniatura|esquerda|A canle Oude Delft preto da Igrexa Vella, en 1923 É probable que a antiga delf (unha palabra do neerlandés antigo que significa "canle") fose escavada arredor do ano 1100, cando a cidade de Delft aínda non existía, e daquela serviría para liberar os terreos circundantes do exceso de humidade. Supuña unha ampliación dunha parte do sistema de canles do río Gantel, que une as vilas de Monster e Poeldijk.

Cando a finais do século XII se escavou unha segunda gabia paralela á primitiva, empezáronse a utilizar, para as diferenciar, os nomes de Oude Delft e Nieuwe Delft ("canle nova"). Tanto no seu límite norte coma no sur, ambas as canles estaban unidas por un estanque.

Os terreos intermedios entrambas as canles, que foron reforzados e elevados coa arxila retirada durante a escavación da segunda canle, constituíron a base da futura cidade de Delft. Nesa zona comezaron a establecerse os comerciantes máis prósperos e levantáronse grandes mansións, algunhas delas aínda hoxe conservadas e dotadas da consideración de monumento nacional Rijksmonument."El Oude Delft, el canal más antiguo de la ciudad" En Sobreholanda.com

Edificios principais miniatura|O edificio do antigo Legermuseum, na canle Oude Delft Estes son algúns dos edificios máis importantes situados ás beiras da canle Oude Delft:Listaxe de monumentos da canle Oude Delft O Legermuseum, antigo museo do exército. O convento de Santa Bárbara. A capela de Santo Hipólito. O Gemeenlandshuis, antiga sede do Consello das Augas. O Prinsenhof, antiga residencia do Príncipe de Orange Guillerme o Taciturno. A Igrexa Vella. O Jongenshuis, unha das grandes casas patricias da cidade do século XIX.

Pontes De norte a sur:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen. Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. ISBN 908065415

Outros artigos

Delft

Ligazóns externas Galería de imaxes da canle Oude Delft

Categoría:Arquitectura en Delft Oude