STS-6 foi a primeira misión do transbordador espacial Challenger, lanzada o 4 de abril de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-6, tripulada por Paul J. Weitz, Karol Bobko, Donald Peterson e Story Musgrave, foi lanzada como primeira misión do transbordador Challenger. Encargouse de poñer en órbita o satélite artificial de comunicacións TDRS 1, que debido nun fallo do seu motor quedou nunha órbita estable pero incorrecta. Musgrave e Peterson fixeron o primeiro paseo espacial do programa do transbordador espacial, cunha duración de 3 horas e 54 minutos. A tripulación tamén fixo varios experimentos a bordo, entre eles CFES, MLR, RME e NOSL.

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 9 de abril de 1983.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger

Categoría:Programa STS