STS-7 foi a segunda misión do transbordador espacial Challenger, lanzada o 18 de xuño de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-7, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita os satélites Anik C-2 e Palapa B-1, así como facer experimentos coa carga OSTA-2. A tripulación, formada polo comandante Robert L. Crippen, o piloto Frederick H. Hauck e os especialistas de misión John M. Fabian, Sally K. Ride e Norman E. Thagard, soltou tamén a plataforma SPAS-01 para recuperala máis tarde. Na STS-7 Sally Ride converteuse na primeira muller estadounidense no espazo.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 24 de xuño de 1983.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger
Categoría:Programa STS