Cernunnos é o nome convencional dado nos estudos celtas ás representacións do "Deus hastado" do politeísmo celta. O nome en si só é atestado unha vez, no Piar dos mariñeiros do século I atopado en Lutecia. Pola contra, existe un gran número de representacións de figuras humanas con cornos, a miúdo coas pernas cruzadas, asociadas a animais e sostendo ou levando torques.

Non se sabe nada do deus a partir de fontes literarias, e os detalles sobre o seu nome, o seu culto e a súa significación na relixión celta son descoñecidos. Especúlase sobre interpretacións que o relacionan coa natureza e a fertilidade. Segundo as fontes arqueolóxicas Cernunnos tiña culto na Galia, Galia Cisalpina e na costa sur de Britania.

miniatura|dereita|Representación de Cernunnos, no Piar dos mariñeiros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Corpus Inscriptionum Latinarum (CIL) volume 13, number 03026 Delmarre, Xavier (2003). Dictionnaire de la langue gauloise (2nd ed.). París: Editions Errance. . Lejeune, Michel (1995). Recueil des inscriptions gauloises (RIG) volume 1, Textes gallo-grecs. París: Editions du CNRS. Nussbaum, Alan J. (1986). Head and Horn in Indo-European. Berlín, Nova York: Walter de Gruyter. . Porkorny, Julius (1959). Indogermanisches etymologisches Wörterbuch. Berlín: Franke Verlag.

Categoría:Deuses galos Categoría:Deuses da fertilidade Categoría:Deuses da natureza Categoría:Deuses animais Categoría:Deuses da caza Categoría:Deuses do comercio Categoría:Deidades hastadas