STS-84 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 15 de maio de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-84, con seis astronautas (Charles J. Precourt, Eileen Collins, Michael Foale, Carlos I. Noriega, Edward T. Lu, Jean-François Clervoy e Elena Kondakova) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para transferir subministracións e tripulación e facer experimentos a bordo.
Durante a misión transferíronse 3318 kg de auga e subministracións dende e cara a Mir. O Atlantis regresou con 407 kg de mostras de materiais. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 16 de maio de 1997, regresando con Jerry M. Linenger e deixando a Foale na Mir.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS