STS-92 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de outubro de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Marcou o centésimo voo dun transbordador.

Características STS-92, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. Levou a viga Z1, varios xiroscopios, un adaptador de acoplamento e dous radiadores á estación. A tripulación fixo un total de catro paseos espaciais e antes de partir a Discovery elevou a órbita da estación cos seus propulsores.

A tripulación estaba formada polo comandante Brian Duffy, a piloto Pamela A. Melroy e os especialistas de misión Koichi Wakata, Leroy Chiao, Peter J. K. Wisoff, Michael López-Alegría e William S. McArthur.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 24 de outubro de 2000.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS