Castro das Merelas é un poboado castrexo de chaira fortificado situado na parroquia de Fisteus, no concello de Curtis.PXOM de Curtis, xuño de 2007 ficha 79
Descrición O castro está situado nunha pequena elevación do terreo ao pé dun terraplén natural. Ten unha orientación no eixe leste-oeste. A croa ten forma case circular duns 75 metros de diámetro. O antecastro está ao oeste, ten unhas medidas de 45 metros de leste a oeste e uns 60 m de norte a sur. O castro está moi alterado por traballos no agro e pola ampliación dun prado que corta a zona entre o castro e o antecastro.
O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro
Merelas, As