O aeroporto de Brisbane é o principal aeroporto internacional que serve a Brisbane e ao sueste do estado de Queensland. É o terceiro aeroporto máis concorrido de Australia por movementos de aeronaves. Serve a 31 aeroliñas que voan a 50 destinos domésticos e 29 internacionais. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 22,7 millóns de pasaxeiros. Nese mesmo ano un informe da compañía OAG nomeouno como o quinto aeroporto de gran tamaño máis puntual do mundo, co 86,71% das súas chegadas e saídas producíndose dentro dos 15 minutos do seu horario programado.
O aeroporto de Brisbane é un centro de conexións principal para Virgin Australia, e secundario para Qantas é a súa subsidiaria de baixo custo Jetstar. Tigerair Australia abriu unha base no aeroporto o 11 de marzo de 2014. Brisbane ten o terceiro maior número de conexións domésticas do país, tras os aeroportos de Sydney e Melbourne. No aeroporto tamén se atopan as instalacións de mantemento dos Airbus A330 e Boeing 737 de Qantas. Virgin Australia ten unhas pequenas instalacións de mantemento no aeroporto para a súa frota de 737. Outras aeroliñas, como QantasLink e Alliance Airlines, tamén realizan tarefas de mantemento nas súas respectivas instalacións no aeroporto.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Brisbane