Valentín Villanueva Rivas, nado en Saiar (Caldas de Reis) o 27 de outubro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1931, foi un sacerdote católico, profesor de ensino medio e escritor galego, epígono do rexurdimento, membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria Ingresou con quince anos de idade no Seminario de Santiago de Compostela onde chegou a ser profesor de filosofía e teoloxía. Foi catedrático de latín en varios institutos e tamén de xeografía e historia no Instituto de Santiago, así como profesor no Instituto de Noia. Foi ecónomo da parroquia de San Xurxo da Coruña e párroco da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.En Santa María oficiou o casamento de Luís Amado Carballo.
Algo escribiu en verso galego, nunca reunido en volume.
Historiógrafo en castelán e afeccionado á lexicografía, ingresou na RAG o 3 de agosto de 1924 a proposta de Adriano López Morillo, Jaime Ozores de Prado e Andrés Martínez Salazar, pronunciando o discurso Estudio de la personalidad de Fray Manuel Martínez, Obispo de Málaga, respondido por Uxío Carré Aldao.
Formou parte da Comisión Provincial de Monumentos de Pontevedra.
Obra escrita "Intervención de los prelados Quevedo y Múzquiz en los sucesos de Galicia durante la invasión francesa". "El arzobispo de Santiago D. Rafael Múzquiz y el clero de Galicia en la guerra de la independencia". "Intervención del cabildo de Santiago en el glorioso alzamiento de Galicia en la guerra de la independencia".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Finados en 1931 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público