Gelsenkirchen é unha cidade de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. A súa superficie é de 104,85 km² e ten 274.926 habitantes. Está próxima a outras cidades como Essen, Bochum, Dortmund e Colonia. Está situada nun centro histórico de extracción mineira, e nun lugar de especial afección ao fútbol o chamado 'corazón futboleiro de Alemaña', sendo sede do FC Schalke 04.

Historia

Da orixe ao século XIX A primeira mención da localidade data de 1150 pero o seu crecemento non se deu ata o século XIX coa chegada da Revolución Industrial cando se desenvolveu a extracción de carbón.

Século XX No século XX, Gelsenkirchen converteuse no centro de minaría de carbón máis importante de Europa, coñecida como a "cidade de mil lumes" (Stadt der tausend Feuer) debido ás chamas visibles dos gases das minas á noite.

Durante a segunda guerra mundial foi obxectivo dos aliados, xa que se convertera nun centro de subministración de materiais bélicos.

Nos anos 60, a crise estrutural na industria do carbón e o aceiro na RFA, causou perdas de emprego e un certo declive económico. En resposta, Gelsenkirchen diversificou a produción tecnolóxica e de servizos, con importantes investimentos na enerxía solar fotovoltaica.

En 1998 fechou a derradeira mina de carbón (hulla).

Século XXI Hoxe, Gelsenkirchen é un centro de ciencias, servizos e produción, apoiado por unha boa infraestrutura e iniciativas como a produción de equipos fotovoltaicos por Shell Solar Deutschland desde 1999, que tamén acolle a maior planta de enerxía solar de Alemaña. 1869x1869px Panorámica 360º de Gelsenkirchen

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia