A Jeanneke Pis (expresión en neerlandés que en galego significa "nena que ouriña") é unha singular estatua e fonte de bronce de arredor de 50 centímetros de altura, situada no centro histórico de Bruxelas, Bélxica."Manneken Pis". En Eupedia. Guide de Bruxelles (en francés) A estatua representa unha nena pequena con coletas, espida e de crequenas, con faciana burleira, ouriñando dentro da cunca da fonte. Considérase como o homólogo feminino do Manneken Pis."A Family of Pissing Statues: Manneken Pis, Jeanneke Pis and Zinneke Pis". En Wander The Map (en inglés)

Está situada entre os números 10 e 12 da calella da Fidelidade (impasse de la Fidélité/Getrouwheidsgang) da capital belga, que dá á rúa dos Carniceiros (rúe des Bouchers / Beenhouwersstraat), preto da Grand-Place.

A súa historia A estatua foi realizada en 1985 por Denis Adrien Debouvrie, que era tamén o propietario de varios restaurantes no barrio bruxelés do Illot Sacré, e foi inaugurada en 1987."Jeanneke la mal aimée". En Métro. 20 de abril de 2011. P 11 (en francés)"King of Belgian restaurants murdered ". En Expatica, 11 de setembro de 2008 (en inglés)

O seu significado O restaurador quixo restablecer a igualdade entre home e muller ao encargar a estatua, compensando así a existencia do Manneken Pis. No entanto, para o público acabou por simbolizar tamén a fidelidade, e é tradicional botar moedas nas cuncas da fonte, en proba da lealdade pola persoa amada."Jeanneke Pis". En Bruselas.net (en castelán)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Manneken Pis

Categoría:Estatuas Categoría:Fontes Categoría:Monumentos Categoría:Bruxelas Categoría:Cultura de Bélxica