Darryl Francis Zanuck, nado en Wahoo (Nebraska) o 5 de setembro de 1902 e finado en Palm Springs (California) o 22 de decembro de 1979 foi un produtor, argumentista e director estadounidense.

Ao lado de Joseph Schenck converteuse nun dos fundadores da 20th Century Fox, cando en 1935 a Fox Film Corporation se fundiu cunha próspera produtora, a Twentieth Century Pictures, liderada por Schenck. A fusión converteu a Schenck no presidente do consello director e levou a Zanuck para a empresa como vicepresidente, encargado da produción de filmes.

Traxectoria Abandonado polos seus pais aos 13 anos de idade, alistouse no exército estadounidense aos 15 anos, combatendo en Bélxica durante a primeira guerra mundial.

Desde moi novo comezou a escribir historias para o cinema, e en 1925 converteuse en director de produción da Warner. En 1933 concluíu que a súa carreira non lle permitía chegar máis lonxe na Warner, polo que abandonou a empresa para formar Twentieth Century Films, co apoio de Louis B. Mayer da Metro-Goldwyn-Mayer e Joseph M. Schenck presidente da United Artists. En 1935 Twentieth Century Films absorbeu a fracasada Fox, crando Twentieth Century Fox, que foi dirixida por Zanuck durante numerosos anos.

Ao logo da súa carreira, que comezou nos anos 1920 aínda co cinema mudo e se estendeu ata o inicio dos anos 1970, produciu e realizou mais de douscentos filmes.

Recoñecementos Zanuck é a única persoa que recibiu tres premios Irving G. Thalberg, concedidos pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, en 1937, 1944 e 1950.

En 1947 gañou o Óscar ao mellor filme con Gentleman's Agreement.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Chrissochoidis, Ilias (editor) (2013). [https://www.academia.edu/3673046/The_Cleopatra_Files_Selected_Documents_from_the_Spyros_P._Skouras_Archive The Cleopatra Files]: Selected Documents from the Spyros P. Skouras Archive. Brave World. ISBN 978-0-61582-919-7. Chrissochoidis, Ilias (ed.). CinemaScope: Selected Documents from the Spyros P. Skouras Archive. Brave World, 2013. ISBN 978-0-61589-880-3. Custen, George F. Twentieth Century's Fox: Darryl F. Zanuck And The Culture Of Hollywood. Basic Books (novembro de 1997) Dunne, John Gregory. The Studio. Farrar, Straus & Giroux (xaneiro de 1969)

Farber, Stephen. Hollywood Dynasties, Putnam Group (xullo de 1984). ISBN 0887150004. Harris, Marlys J. The Zanucks of Hollywood: The Dark Legacy of an American Dynasty, Crown (xuño de 1989). ISBN 0517570203 Thackrey Jr., Thomas. (decembro 23, 1979). "Darryl F. Zanuck, Last of Movie Moguls, Dies at 77". Los Angeles Times, p. 1.

Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1979