Filipe II de España,Pierson, P. Felipe II de España. Fondo de Cultura Económica, 1984. ISBN 968-16-1707-X, 9789681617073.Menéndez Pidal, R.; Fernández Álvarez, M; Jover Zamora, J.M. La España de Felipe II (1527-1598). Espasa Calpe, 2002. ISBN 84-670-0276-X, 9788467002768.Sepúlveda , J.G. de. Historia de Felipe II, Rey de España. Ed. a cargo de Fortea Pérez, J.I. Ayuntamiento de Pozoblanco, 1998. ISBN 84-920640-0-5, 9788492064007.Menéndez Pidal, R. Historia de España: El siglo XVI : economía, sociedad, instituciones. Espasa-Calpe, 1989. ISBN 84-239-4800-5, 9788423948000.Hickling Prescott, W; Foster Kirk, J. History of the reign of Philip the second, king of Spain. Routledge, 1848.Rodriguez-Salgado, M.J. "The Court of Philip II of Spain". En Princes Patronage and the Nobility: The Court at the Beginning of the Modern Age, cc. 1450-1650. Ed. a cargo de Asch, R.G; Birke, A.M. Nova York, Oxford University Press, 1991. ISBN 0-19-920502-7.Hume, Martin. Philip II of Spain. London, 1897. tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e finado en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Oficialmente, nunca se chamou rei de España (con este nome era coñecido no estranxeiro). Os títulos variaban duns territorios a outros e, desde 1585 oficialmente ostentaba os que figuran na sección Títulos.

Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.

Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.

Durante o seu goberno, o Imperio Español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.

Títulos Ostentou o títulos de:

Rei de Castela e León (como Filipe II), de Aragón, de Portugal, das Dúas Sicilias (Nápoles e Sicilia) (como Filipe I), de Navarra (como Filipe IV), de Xerusalén, de Hungría, de Dalmacia, de Croacia, de Granada, de Valencia, de Toledo, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das Illas Canarias, das Indias Orientais e Occidentais, e das Illas e Terra Firme do Mar Océano, Arquiduque de Austria, Duque de Borgoña (como Filipe V), de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo, Güeldres, Milán, Atenas e Neopatria, Conde de Habsburgo, de Flandres, de Artois, Palatino de Borgoña, de Tirol, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur, de Zutphen, de Barcelona, do Rosellón e de Cerdaña, Príncipe de Suabia, Margrave do Sacro Imperio Romano, Marqués de Oristán e Conde de Gociano, Señor de Biscaia e de Molina, de Frisia, Malinas, e das cidades, vilas e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga Dominador en Asia e África.

Xuventude Recibiu unha severa educación relixiosa centrada no mundo castelán, feito que prexudicou as súas relacións cos territorios que dominou: así as súas carencias nas linguas francesa e flamenga prexudicárono nas relacións cos representantes da sociedade civil dos Países Baixos (Flandres).

Carlos I cedeulle ben cedo tarefas de goberno: aos dezaseis anos Filipe xa era rexente dos reinos hispánicos durante as viaxes do seu pai aos Países Baixos e a Alemaña.

Resumo do seu reinado Durante o reinado de Filipe II conquistáronse as illas Filipinas e estableceuse unha colonia na Florida. O 25 de xullo de 1554 converteuse en rei de Inglaterra a través do seu casamento con María I de Inglaterra.

O proxecto de unión persoal dos dous países fallou pola morte de María en 1558, antes de ter descendencia de Filipe. En 1565 estableceuse o comercio a través do Pacífico entre Asia e América por medio dos galeóns de Manila.

Non obstante, o seu reinado estivo marcado pola inestabilidade financeira e ameazado pola invasión de musulmáns (turcos e berberiscos), e outros conflitos como a secesión dos Países Baixos e as guerras con Francia, Inglaterra e o Imperio turco. Filipe tamén tivo que facer fronte a rebelións como a dos mouriscos de 1568 ou a rebelión dos aragoneses polo asunto de Antonio Pérez.

A derrota da súa Armada en 1588, e a tensión económica debido ao apoio a tantas guerras forzou a Filipe a manter os impostos altos.

Nas provincias dos Países Baixos, Filipe continuou as políticas dos impostos altos e, como Carlos I, continuou excluíndo á nobreza local da administración, preferindo a utilización da castelá, mantivo neles un exército de ocupación e empregou a Inquisición para deter o avance do calvinismo.

Extensión da monarquía Duque de Milán

Despois da morte, o 1 de novembro de 1535, de Francisco II, último dos Sforza, o Ducado de Milán quedou sen soberano. Os reis de Francia, emparentados coa familia Visconti, reclamaban o ducado. Esta foi unha das causas das sucesivas guerras italianas. Francisco I viu na morte do duque de Milán unha nova oportunidade para facerse co territorio, orixinando unha terceira guerra contra o emperador Carlos V, que acabou coa Tregua de Niza en 1538.

En 1540 o ducado seguía sen soberano, estando a cargo dun gobernador. Nun primeiro momento, o propio Carlos V pensou en nomearse a si mesmo duque, xa que Milán era un Estado feudatario do Sacro Imperio Romano, e o emperador tiña potestade para conceder o título. Pero isto podería ser considerado un casus belli por Francia e, ademais, danaría a súa imaxe de liberador. Entón decidiu conceder o título ao príncipe Filipe. O 11 de outubro de 1540 Filipe foi investido como duque de Milán. A cerimonia foi secreta e non se consultou cos príncipes electores para evitar problemas internacionais.

En 1542 estalou unha nova guerra entre Francia e España. Entre as condicións da Paz de Crépy, que puxo fin ás hostilidades en 1544, pactábase a voda de Carlos, duque de Orleáns e fillo de Francisco I, coa filla de Carlos I, María de Habsburgo (e cos Países Baixos e o Franco-Condado como dote), ou coa filla do Rei de Romanos Fernando, Ana de Habsburgo (e co ducado de Milán como dote). A elección foi Milán pero, en 1545, a morte do duque de Orleáns deixou sen validez os acordos. Novamente de forma secreta o príncipe Filipe foi investido Duque o 5 de xullo de 1546.

En 1550 fíxose finalmente público o nomeamento de Filipe, e o 10 de febreiro do mesmo ano, Ferrante Gonzaga, gobernador de Milán, prestoulle xuramento de fidelidade no seu nome e no da cidade.

miniatura|250px|Filipe, Príncipe de Asturias, por Tiziano (1551).

Rei de Nápoles A finais de 1553 anunciouse a voda de Filipe coa súa tía segunda María I de Inglaterra. Pero o problema era que Filipe era unicamente príncipe e duque, e era impensábel o matrimonio da raíña con alguén de rango inferior. A solución de Carlos V foi renunciar ao Reino de Nápoles en favor de seu fillo.

O 24 de xullo de 1554 Juan de Figueroa, enviado especial de Carlos V e Rexente de Nápoles, chegou a Inglaterra coa investidura formal de Filipe como Rei de Nápoles e Duque de Milán. Ao día seguinte celebráronse os esponsais.

Rei de Inglaterra O 25 de xullo de 1554 Filipe casou coa raíña María I de Inglaterra. No final da cerimonia foron proclamados:

As cláusulas matrimoniais eran moi ríxidas (equiparables ás dos Reis Católicos) para garantir a total independencia do Reino de Inglaterra.

Filipe tiña que respectar as leis, e os dereitos e privilexios do pobo inglés. España non podía pedir a Inglaterra axuda bélica ou económica. Ademais, pedíase expresamente que se intentara manter a paz con Francia.

Se o matrimonio tivera un fillo, converteríase en herdeiro de Inglaterra, os Países Baixos e Borgoña. Se María morrera sendo o herdeiro menor de idade, a educación correría a cargo dos ingleses.

Se Filipe morría, María recibiría unha pensión de 60.000 libras ao ano, pero se fora María a primeira en morrer, Filipe debía abandonar Inglaterra renunciando a todos os seus dereitos sobre o trono.

Filipe actuou conforme o estipulado no contrato matrimonial e non se entremeteu no goberno da súa esposa. Durante gran parte do seu reinado estivo ausente, especialmente a partir de 1556 cando su padre abdicou nel a Coroa de España.

O 17 de novembro de 1558 María morreu sen descendencia, deixando Filipe de ser rei de Inglaterra.

Soberano dos Países Baixos e Conde de Borgoña miniatura|200px|esquerda|A bandeira coa Cruz de Borgoña (cruz de Santo André) é a máis característica das utilizadas polo exército na época de Filipe II.

En 1555 Carlos V, ancián e cansado, decidiu renunciar a máis territorios en favor de seu fillo Filipe. O 22 de outubro do mesmo ano, Carlos abdicou en Bruxelas como Soberano Gran Maestre da Orde do Vélaro de Ouro.

Tres días despois, nunha grandiosa e ostentosa cerimonia ante decenas de convidados, produciuse a abdicación como Soberano dos Países Baixos.Théodore Juste (1855): Les Pays-Bas sous Philippe II, volume 1, Méline, Cans et compagnie, páx. 25

A renuncia ao Condado de Borgoña tivo lugar o 10 de xuño de 1556.François Joseph Ferdinand Marchal (1836): Histoire politique du règne de l'empereur Charles Quint, H. Tarlier, páx. 724)Gachard, M. (1854): Retraite et mort de Charles-Quint au monastère de Yuste: lettres inédites, volume 3, C. Muquardt, páx. 117Alexandre Henne (1860): Histoire du règne de Charles-Quint en Belgique, volume 10, É. Flatau, páx. 286

Carlos pensou que España defendera desde estes territorios o Sacro Imperio Romano, máis débil que Francia. A diferenza de Castela, Aragón, Nápoles e Sicilia, os Países Baixos non eran parte da herdanza dos Reis Católicos, e vían ao monarca como un rei estranxeiro e distante.

Os estados do norte pronto se converteron nun gran campo de batalla, axudados por Francia e Inglaterra, que explotaron a situación de rebelión constante de Flandres para debilitar á coroa española.

Rei de España, Sicilia e as Indias O 16 de xaneiro de 1556 Carlos V, nos seus apousentos privados e sen ningunha cerimonia, cedeu a Filipe a coroa dos Reinos Hispánicos, Sicilia e as Indias. Filipe xa desempeñaba funcións de goberno desde 1544, despois de que Carlos V escribira en 1543, ao su regreso a España, as Instrucións de Palamós, que preparaban a Filipe para a rexencia dos reinos peninsulares até 1550 cando este aínda tiña tan só dezaseis anos.Lynch, John (2007): Monarquía e imperio: El reinado de Carlos V, páx. 274. Ed. El País S.L. / Centro Editor PDA S.L. ISBN 978-84-9815-756-7.