Michael Taylor, nado en Londres o 24 de abril de 1934 e finado o 4 de abril de 2017, foi un piloto de carreiras inglés.

Traxectoria Participou en dous Grandes Premios do Fórmula 1, debutando o 18 de xullo de 1959. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.

A súa andaina nas carreiras rematou cando a soldadura da súa columna de dirección fallou no seu Lotus 18 no Gran Premio de Bélxica de 1960 a 260 km/h. Saíu expulsado do coche, cortou unha árbore co seu corpo e rompeu varios ósos (Alan Stacey e Chris Bristow morreron e Stirling Moss tamén resultou ferido no evento, estrelando o seu Lotus 18 na práctica). Quedou paralizado, pero despois dunha terapia recuperou a capacidade de andar.

Por mor da falla do seu coche Taylor demandou a Lotus con éxito, unha das poucas accións exitosas contra un fabricante dun coche de carreiras.

Despois do seu accidente, Taylor competiu de forma esporádica en rallies de longa distancia, terminando en terceiro lugar no London-Sydney Marathon en 1977 nun Citroën CX con Paddy Hopkirk e Bob Riley. Taylor tamén tivo negocios na especulación inmobiliaria. Morreu o 4 de abril de 2017 logo dunha batalla contra o cancro.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Points Alan Brown Equipe Cooper T45 F2 Climax 4 en liña MON 500 NED FRA GBRRet ALE POR ITA USA NC 0 Taylor-Crawley Racing Team Lotus 18 Climax 4 en liña ARX MON 500 NED BELNTS FRA GBR POR ITA USA NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 2017 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans