Ángeles Mastretta, nada en Puebla o 9 de outubro de 1949, é unha escritora e xornalista mexicana, colecida por crear personaxes femininos suxestivos e ficcións que reflicten as realidades sociais e políticas de México.

Traxectoria É filla do xornalista Carlos Mastretta,"Ángeles Mastretta: La mujer y su obra" , artigo de Carlos M. Coria-Sánchez en Victoria 147, 5 de marzo de 2013 (acceso 18 de maio de 2013) ., quen traballaba vendendo coches. É irmá de Daniel e Carlos Mastretta, creadores do automóbil Mastretta MXT. Quedou orfa de pai aos vinte anos e comezou a traballar de xornalista mentres estudaba na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México, na que ingresou en 1971, cando chegou a Cidade de México. Como colaboradora ocasional publicaba en medios como Excélsior, La Jornada, Proceso e Ovaciones. Neste último tiña a columna Del absurdo cotidiano, na que escribía de temas diversos"Con la precisión del arrebato", entrevista de Ron Telchman; revista Nexos, n.º 112, 1 de abril de 1987 .

O Centro Mexicano de Escritores concedeulle unha bolsa en 1974, e comezou a traballar con autores como Juan Rulfo, Salvador Elizondo ou Francisco Monterde. Entre 1975 e 1977 foi directora de Difusión Cultural da ENEP-Acatlán, e despois pasou a dirixir o Museo del Chopo. En 1982 comezou a traballar no consello editorial da revista feminista FEM, no número 24. Repetiu ao ano seguinte no número 25, e seguiu de forma máis constante do 29 ao 40 en 1985.

Xunto con Germán Dehesa participou no programa de televisión La almohada, dedicado a charlas e entrevistas (1998). Ten un blog titulado Puerto libre e escribe regularmente na revista Nexos,Artigos de Mastretta en Nexos, da que é membro do consello editorial. O seu marido, Héctor Aguilar Camín, dirixiu a publicación entre 1983 e 1995. Colabora de forma esporádica en periódicos estranxeiros como Die Welt e El País.

A súa filla Catalina Mastretta tamén é escritora.

É militante feminista, e fundou e organizou grupos como a Unión de Mujeres Antimachistas en Cidade de México.

Obras Novelas Arráncame la vida (1985) Mujeres de ojos grandes (1990) Mal de amores (1996) Ninguna eternidad como la mía (1999) El cielo de los leones (2003)

Cuentos Mujeres de ojos grandes (1990) Puerto libre (1993) El mundo iluminado (1998) Maridos (2007)

Memorias La emoción de las cosas (2013) El viento de las horas (2015)

Poesía La pájara pinta (1978) Desvaríos (1996)

Adaptacións Arráncame la vida, filme dirixido por Roberto Sneider (2008)

Premios e recoñecementos Premio Mazatlán de Literatura por Arráncame la vida (1986) Premio Rómulo Gallegos por Mal de amores (1997) Águila Social (2005)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Mastreta en El País

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados no estado de Puebla Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores de México