2005 (MMV) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Cuarto centenario da publicación do libro El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha. 7 de xuño - atentado contra o metro e dous autobuses en Londres: máis de 50 mortos e 700 feridos. 19 de xuño - nas eleccións ao Parlamento de Galicia, o PP perde a maioría absoluta Xuño - Rusia é o primeiro país europeo que informa dun foco de gripe aviaria H5N1. Outros países europeos nos que aparece a pandemia neste ano foron Croacia e Romanía (en outubro), e Turquía e Ucraína (decembro). En todo o mundo, a gripe aviar afectou xa a 17 países (13 en aves domésticas). 10 de setembro - Descuberto Disnomia, o satélite natural de Eris.
Nacementos 31 de outubro - S.A.R. a princesa de Asturias Lionor de Borbón Ortiz, filla dos reis de España, D. Filipe de Borbón e Grecia e Dª Letizia Ortiz.
Mortes Xaneiro 1 de xaneiro - Shirley Chisholm, primeira muller negra en ser elixida para o congreso dos Estados Unidos. 2 de xaneiro - José Gabeiras, tenente xeral e xefe do Estado Maior do Exército español durante o golpe de estado do 23-F. 3 de xaneiro - Will Eisner, historietista estadounidense. 4 de xaneiro - Alí Radi al Haidari, gobernador de Bagdad (Iraq), vítima dun atentado de Al Qaida. 9 de xaneiro - Koji Hashimoto, director de cine xaponés. 10 de xaneiro - Tommy Fine, xogador da liga Maior de Baseball de Norteamérica. 11 de xaneiro - Fabrizio Meoni, corredor de motos. 14 de xaneiro - Ofelia Guilmain, actriz. 15 de xaneiro - Victoria de los Ángeles, soprano. 15 de xaneiro - Ruth Warrick, actriz. 16 de xaneiro - Agustín González, actor. 17 de xaneiro - Virginia Mayo, actriz. 18 de xaneiro - Lamont Bentley, actor. 19 de xaneiro - Anita Kulcsár, xogadora de balonmán húngara. (n. 1976) 20 de xaneiro - Per Borten, primeiro ministro de Noruega. 20 de xaneiro - Jan Nowak-Jeziorański; xornalista, escritor, político e patriota polaco. 22 de xaneiro - Consuelo Velázquez, pianista e compositora. 25 de xaneiro - Philip Johnson, arquitecto. 28 de xaneiro - Manuel González Cerezales, xornalista e escitor galego (n. 1909).
Febreiro 3 de febreiro - Ernst Mayr, biólogo. Zurab Zhvania, político de Xeorxia. 4 de febreiro - Ossie Davis, actor e activista dos dereitos humanos. 8 de febreiro - Javier Tusell, historiador español. 8 de febreiro - Jimmy Smith, Músico estadounidense. 10 de febreiro - Arthur Miller, escritor estadounidense. Paco Gandía, humorista español. 13 de febreiro - Lucía dos Santos, relixiosa, vidente da Virxe de Fátima. 14 de febreiro - Rafik Hariri, político libanés. 21 de febreiro - Guillermo Cabrera Infante, escritor cubano. 25 de febreiro - Norberto "Pappo" Napolitano guitarrista, cantante e compositor arxentino. 26 de febreiro - Jef Raskin, inventor de Apple 1, a primeira computadora persoal.
Marzo 3 de marzo - Marinus Michels, ex xogador e adestrador de fútbol. 6 de marzo - Gladys Marín, dirixente do partido comunista de Chile. 6 de marzo - Hans Albrecht Bethe, físico de orixe alemá, premio Nobel de Física en 1967. 10 de marzo - Danny Joe Brown, vocal de Molly Hatchet. 22 de marzo - Clemente Domínguez, autoproclamado Papa, morreu en El Palmar de Troya (Sevilla) (n. 1946). 23 de marzo - Antonio Millán-Puelles, filósofo español. 27 de marzo - Fernando Jiménez del Oso, , médico, xornalista e parapsicólogo español. 28 de marzo - Joaquín Luqui, locutor e crítico musical. 31 de marzo - Terry Schiavo
Abril 2 de abril - Xoán Paulo II (Karol Wojtyła), primeiro papa non italiano (elixido o 16 de outubro do 1978) nos últimos 455 anos. 5 de abril - Saul Bellow, Premio Nobel de Literatura. 6 de abril - Rainiero III, Príncipe de Mónaco 16 de abril- Kay Walsh, actriz e guionista británica. 19 de abril - Bryan Ottoson, guitarra de American Head Charge. 26 de abril - Augusto Roa Bastos, escritor, gañador premio Cervantes 1989 29 de abril - Mariana Levy, actriz mexicana
Maio 20 de maio - Paul Ricoeur, filósofo e antropólogo francés 23 de maio - Sígfrid Gracia, futbolista catalán do FC Barcelona. 30 de maio - Juan San Martín, escritor español en éuscaro.
Xuño 3 de xuño - Jon Idígoras, político vasco e fundador de Herri Batasuna. 5 de xuño - Adolfo Aguilar Zínser, político mexicano. 6 de xuño- Anne Bancroft, actriz estadounidense. 8 de xuño - María Xosé Cimadevila, política galega. 10 de xuño - Pere Esteve, político catalán. 13 de xuño - Jesús Moncada, escritor aragonés. 13 de xuño - Álvaro Cunhal, político comunista portugués. 15 de xuño- Suzanne Flon, actriz francesa. 20 de xuño - Larry Collins, novelista estadounidense.
Xullo 6 de xullo - Claude Simon, escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1985. 8 de xullo - Gustavo Docampo Otero, médico e político galego (n. 1933).
Setembro 10 de setembro - Hermann Bondi, matemático e cosmólogo austríaco (n. 1919).
Outubro 17 de outubro - Elena Cazzulani, escritora e poetisa italiana (n. 1920) 22 de outubro - Arman (Armand Pierre Fernández), pintor e escultor franco-americano (n. 1928)
22 de outubro - Andrés Santiago Suárez Suárez, economista galego (n. 1939).
Novembro miniatura|M.ª Victoria Moreno. 7 de novembro - John Fowles, escritor inglés (1926-) 22 de novembro - M.ª Victoria Moreno, mestra e escritora (1939-). Dedicóuselle o DLG en 2018. 23 de novembro - Paul Mahieu, escritor belga en lingua picarda.
Decembro 31 de decembro - Ana María Alvajar, escritora e violinista galega (n. 1918). Premios Nobel Física - Roy J. Glauber, John L. Hall e Theodor W. Hänsch Química - Yves Chauvin, Robert H. Grubbs e Richard R. Schrock Medicina - Robin Warren e Barry Marshall Literatura - Harold Pinter Paz - Organismo Internacional de Enerxía Atómica e Mohamed ElBaradei Economía - Robert J. Aumann e Thomas C. Schelling
Día das Letras Galegas dedicado a: Lorenzo Varela.
Outros Ano internacional da Física, en honra dos traballos publicados en 1905 por Albert Einstein. Ano Europeo da Cidadanía a través da Educación.
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:2005