Tsubame é un observatorio espacial colaboración da JAXA, o Instituto Tecnolóxico de Tokyo e a Universidade de Ciencias de Tokyo lanzado nun foguete Dnepr desde a base de Dombarovsky o 6 de novembro de 2014.

Características A misión de Tsubame é medir a polarización dos raios X duros (entre 30 e 200 keV) dos abrochos de raios gamma usando a anisotropía de ángulo azimutal dos fotóns dispersados por efecto Compton e demostrar varias novas tecnoloxías, como xiroscopios de control de momento de alta precisión e unha pequena cámara de alta resolución para observar a Terra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dnepr (foguete)

Categoría:Satélites artificiais