The Killing Fields é un filme británico de 1984 dirixido por Roland Joffé. Está ambientado no réxime do Khmer vermello en Camboxa, e baséase nas experiencias de dous xornalistas, o camboxano Dith Pran e o estadounidense Sydney Schanberg. Foi producido por David Puttnam para a súa compañía Goldcrest Films. Sam Waterston fai o papel de Schanberg, Haing S. Ngor o de Pran, Julian Sands como Jon Swain e John Malkovich como Al Rockoff. A adaptación ó guión foi escrita por Bruce Robinson, a banda sonora foi composta por Mike Oldfield e orquestrada por David Bedford.

Foi un éxito de recadación e da crítica. Na 57ª edición dos Óscar recibiu sete nomeamentos ós premios, incluíndo mellor filme; gañou tres galardóns, salientando o de mellor actor secundario para Haing S. Ngor, que non tiña experiencia previa en interpretación. Nos BAFTA, gañou oito premios, incluíndo mellor filme e mellor actor protagonista para Ngor.

Personaxes Sam Waterston como Sydney Schanberg Haing S. Ngor como Dith Pran John Malkovich como Al Rockoff Julian Sands como Jon Swain Craig T. Nelson como Military Attache Spalding Gray como U.S. Consul Bill Paterson como Dr. MacEntire Athol Fugard como Dr. Sundesval Graham Kennedy como Dougal Patrick Malahide como Morgan Nell Campbell como Beth Joanna Merlin como irmá de Schanberg

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua khmer Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Roland Joffé Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Tailandia Categoría:Filmes de Goldcrest Films Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes de Warner Bros.