Uxue Juárez Gaztelu, nada en Pamplona o 27 de setembro de 1981, é unha escritora, directora artística e profesora de instituto navarra. Escribe en lingua éuscara e lingua castelá.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Navarra, especializándose en Estudos Anglonorteamericanos e Ensinanza da lingua castelá como lingua estranxeira (1999-2003). Desde 2004 traballa como profesora de educación secundaria.

Desde 1999 formou parte do obradoiro de poesía da Casa da Mocidade de Pamplona, amais de formarse en obradoiros de escritura creativa dirixidos pola escritora Susana Barragués e Regina Salcedo. Como correctora revisou a edición de Itzulerak/ Barne bidaiak. É colaboradora da revista Koult e do blog unlibroaldia, onde escribe artigos de crítica literaria. É directora do Encontro Poético Unicelular

Obras Cosas que crujen (2010) Así, Berlín (2014) En el principio era la nieve (2015) Bajo la lengua, bichos (2016) Casi ciervos (2016)

Algúns dos seus poemas foron publicados na revista literaria Luces y Sombras.

Premios Primeiro Premio do Instituto Navarro da Igualdade polo relato "Oier" (1996) Premio INJUVE de Poesía por Cosas que crujen (2010) Primeiro Premio do Certame de Poemas por SMS do Concello de Pamplona (2011) Premio Proyecto "Yo También Leo" (2011)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog persoal

Categoría:Escritores de Navarra Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1981 Categoría:Personalidades sen imaxes