Rosalía Gómez Lasheras, nada en Santiago de Compostela en 1994, é unha pianista galega.
Traxectoria Empezou a estudar piano ós 5 anos de idade e ampliou os seus coñecementos no Conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela, onde rematou os seus estudos profesionais en 2011 con Premio Extraordinario. Ese mesmo ano trasladouse aos Países Baixos para realizar estudos de Bachelor Degree no Utrecht Conservatory co profesor estadounidense Alan Weiss.
En 2013 obtivo o Primeiro Premio no concurso Young Pianist Foundation interpretando o Concerto para piano n.º 2 de Chopin, ademais do Laureates Award e as Mellores Interpretacións de Sonata Clásica, Schumann e Música Moderna. Tivo o seu recital debut no Concertgebouw de Ámsterdam.«Rosalía Gómez Lasheras deslumbra no prestixioso YPD Piano Competicion Grand Prix» www.elcorreogallego.es (30 de novembro de 2013).
En 2015, o xornal El Correo Gallego outorgoulle o título de "Galega do Ano" pola súa salientable traxectoria.«La joven pianista prodigio Rosalía Gómez ingresa en el club de los Gallegos del Año», en www.elcorreogallego.es . (9 de novembro de 2014).
Premios Premio Chopin, VII Concurso de Piano Minho (Portugal, 2010) XVI Concurso de Piano Infanta Cristina (Madrid, 2012), categoría xuvenil.Noticia en www.forumclasico.es . XV Cicle de Primavera (Barcelona, 2012) Concurso Young Pianist Foundation (Ámsterdam, 2013), Primeiro Premio.Información en www.amsterdo.com .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Interpretación na final do Young Pianst Festival Amsterdam, 2013.
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Pianistas de Galicia