David P. DiVincenzo, nado en Filadelfia (Pensilvania) en 1959, é un físico teórico estadounidense vinculado a diversas universidades e centros de investigación europeos."Dr. Universitätsprofessor David DiVincenzo ". RWTH Aachen University

Xunto con Daniel Loss, da Universidade de Basilea, en Suíza, propuxo en 1997 o chamado "computador cuántico Loss-DiVincenzo" (ou "computador cuántico spin-qubit), que utilizaría spins de electróns en puntos cuánticos como qubits.D. Loss and D. P. DiVincenzo, "Quantum computation with quantum dots", Phys. Rev. A 57, p120 (1998) (en inglés)Hellemans, Alexander. "David DiVincenzo on his Tenure at IBM and the Future of Quantum Computing". IEEE Spectrum. 2 de ouctubro de 2015 (en inglés)

Traxectoria DiVincernzo doutorouse en 1983 en Enxeñaría eléctrica na Universidade de Pensilvania, e entre ese ano e 1985 fixo unha estadía posdoutoral na Universidade Cornell, no Estado de Nova York.

Entre 1985 e 2011 foi membro do equipo de investigación do IBM Watson Research Center en Nova York.

De 2011 a 2017 foi o director do Instituto de Nanoelectrónica Teórica (Forschungszentrum) no Peter Grünberg Institute en Jülich, Alemaña, e profesor no Instituto de Información Cuántica da Universidade Técnica de Aquisgrán."David DiVincenzo Quantum Physics ". Humboldt Foundation (en inglés)

En 2017 entrou a formar parte do equipo de investigación de cuántica no QuTech, da Universidade de Tecnoloxía de Delft, onde tamén desenvolven o seu labor outros destacados investigadores en Física cuántica, como os profesores Kouwenhoven ou Terhal.Perfil de DiVincenzo en QuTech, da Universidade de Tecnoloxía de Delft (en inglés)

Os Criterios de DiVincenzo En 1996, durante o seu período no centro de investigación de IBM en Nova York, publicou o seu artigo Topics in Quantum Computing, onde se propuñan os cinco requisitos para a creación dunha computadora cuántica, que desde entón se coñecen como Criterios de DiVincenzo (DiVincenzo Criteria).DiVincenzo, David. "Topics in quantum computers". Mesoscopic Electron Transport. 16 de decembro de 1996 (en inglés)"Proposed modular quantum computer architecture offers scalability to large numbers of qubits". phys.org. Universidade de Maryland. 27 de febreiro de 2014 (en inglés) Isto supuxo un importante pulo na investigación experimental para o desenvolvemento dun computador cuántico real e utilizable.Pérez-Delgado, Carlos A.; Kok, Pieter. (2011-01-13) "Quantum computers: Definition and implementations". Physical Review A. 83 (1): 012303 (en inglés)

Os criterios de DiVincenzo son os seguintes:DiVincenzo, David P. "The Physical Implementation of Quantum Computation". Fortschritte der Physik. 48 (9–11): 771–783 Un sistema físico escalable con qubits ben caracterizados. A capacidade de iniciar o estado dos qubits a un estado fiducial simple, como Un conxunto "universal" de portas cuánticas. Tempos de decoherencia longos e relevantes, moito máis longos que o tempo de operación da porta. Unha capacidade de medición específica de qubits. Para a comunicación cuántica (transmisión de quibits intactos dun sitio a outro), cómpre satisfacer dous criterios adicionais: A capacidade de interconverter qubits estacionarios e voadores. A capacidade de transmitir qubits voadores entre localizacións distantes.

Publicacións salientables Á parte das citadas na sección de "Notas": Two-Bit Gates are Universal for Quantum Computation, Phys. Rev. A, Band 51, 1995, S. 1015 (en inglés) Quantum computation, Science, Band 270, 1995, S. 255 (en inglés) Quantum information and computation, Nature, Band 404, 2000, S. 247–255 (con Bennett, C.) (en inglés) Mixed-state entanglement and quantum error correction, Phys. Rev. A, Band 54, 1996, S. 3824 (con Bennett, C.; Smolin, J.; Wootters,W.) (en inglés) Elementary gates for quantum computation, Phys. Rev. A, Band 52, 1995, S. 3457 (conBarenco, A.; Bennett, C. et al.) (en inglés) The physical implementation of quantum computation, 2000 (en ninglés) Double quantum dot as a quantum bit, Science, Band 309, 2005, S. 2174–2174 (en inglés) Toward control of large scale quantum computing, Science, 334, 2011, S. 50–51 (en inglés) Quantum bits: better than excellent, Nature Materials, Band 9, 2010, S. 468–469 (en inglés) Schrieffer-Wolff transformation for quantum many-body systems, Band 326, 2011, S. 2793–2826 (con Bravyi, S.; Loss, D.) (en inglés)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Computación cuántica Mecánica cuántica

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania Categoría:Personalidades da Universidade Cornell Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Mecánica cuántica Categoría:Informática