Dictis Cretense ou Dictis de Creta (), supostamente oriúndo de Cnosos en Creta, foi o lendario compañeiro de Idomeneo durante a Guerra de Troia, e o presunto autor dun diario sobre os sucesos vividos, que desenvolve algúns dos mesmos materiais preparados por Homero para a Ilíada. Co auxe da credulidade na Antigüidade tardía, a historia do seu diario, dirixida a un público alexandrino erudito e sofisticado, chegou a ser considerada literalmente certa. Prólogo No século IV un tal Q. Septimius ou Septimio Lucio publicou a Dictys Cretensis Ephemeridos belli Trojani (‘Dictis Cretense, crónica da Guerra de Troia’) en seis libros, unha obra que afirmaba ser a tradución latina da versión grega. O seu principal interese reside no feito de que, a medida que o saber grego decaía e desaparecía na Europa occidental, esta e o De excidio troiae historia de Dares Frixio foron as fontes desde as que as lendas homéricas foron transmitidas á literatura romanceira da Idade Media.

Unha elaborada historia marco presentada no prólogo ao texto latino detalla como sobreviviu o manuscrito desta obra, escrito en caracteres fenicios sobre taboíñas de madeira de tileiro ou cortiza: dicíase que estivera gardado nunha caixa de chumbo enterrada co seu autor, seguindo os seus desexos.

O «nome» grego Eupraxis significa simplemente ‘accións correctas’, unha finalidade frecuente nas discusións sobre ética, e un nome incribelmente adecuado para quen achou o manuscrito.

O prólogo que caracteriza unha tradición de manuscritos é substituído na outra tradición principal por unha carta, coma se fose escrita por un Q. Septimio Romano para un Q. Arcadio Rufo, na que o autor, dando unha versión condensada da historia do achado, informa ao seu amigo de que, caendo o volume nas súas mans, se viu impulsado, por diversión propia e para a instrución dos demais, a traducilo ao latín. O editor moderno, Werner Eisenhut, conxectura que os dous grupos de manuscritos, ningún dos cales predomina claramente sobre o outro, representan dúas edicións publicadas na Antigüidade tardía. Hai traducións de novo ao grego en época bizantina, expresadas como historias universais, ás que Smith engade:

Códice e primeira edición impresa A copia privada de Petrarca do Ephemeridos belli Troiani, a súa chave cara a Homero, é actualmente o Codex Parisinus Lat. 5690 da Biblioteca Nacional de Francia. A primeira edición impresa foi temperá, non posterior a 1471Gesamtkatalog der Wiegendrücke, nº 8324..

Na biblioteca do conde G. Balleani en Jesi descubriuse un manuscrito de Dictis, en gran parte do século IX, que foi descrito e recompilado por C. Annibaldi en 1907.

Orixinal grego Os investigadores modernos non se puñan de acordo sobre se chegou a existir algún orixinal grego, pero todas estas dúbidas foron disipadas polo descubrimento dun fragmento grego nos papiros de Oxirrinco achado por Bernard Grenfell e Arthur Hunt en 1899-1900O papiro foi reutilizado para fins contábeis no 206. . Isto revelou que a versión latina era tradución fiel. Notas

Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia Británica s.u. Dictys Cretensis. Dares Frigio. Dictis Cretense (2001). Madrid.

Outros artigos Dares Frixio. Benoît de Sainte-Maure. Leoncio Pilato. Ligazóns externas Texto inglés no sitio Theoi; trad. de 1966 de R. M. Frazer, Jr. Indiana University Press (Publicacións da Universidade de Indiana). Textos francés e latino no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011); en cada capítulo, o título é rótulo activo que serve para cambiar ao outro idioma. García Landa, J. A. (2004). «Homer in the Renaissance: The Troy Stories» (en inglés). Brown University. Consultado o 3 de setembro de 2007.  Fraudes literarias entre os romanos, TAPA 25:140-164; en inglés.

Categoría:Literatura da Grecia antiga Categoría:Literatura antiga da Guerra de Troia