Ramón María Blanco González, nado en Toubes (A Peroxa) en 1912"El cura poeta Ramón María", Maribel Outeiriño en La Región, 5 de xullo de 2008 ., foi un sacerdote e poeta galego. Asinou os seus libros como Ramón María.

Traxectoria Estudou no seminario de Ourense, e estivo destinado como crego en varias parroquias antes de chegar a Soutopenedo (San Cibrao das Viñas), onde foi párroco durante máis de 50 anos. En 1991 fíxoselle unha homenaxe nesta parroquia, coa inauguración dun conxunto escultórico de Xosé Cid Menor.

En 1933 publicou no periódico La Región o poema en castelán "La mujer orensana", e foi colaborador de dito periódico até a súa morte. Recibiu unha mención honorífica nos Xogos Florais de Ourense de 1967 polo poema «A María, Madre de Dios», escrito xunto co poeta Manuel María"Don José Félix Navarro, galardonado en los Juegos Florales de Orense", ABC, 3 de maio de 1967 ..

Obra Poesía en galego Dór e saudade (Colección Salnés, Galaxia, 1968) A corazón aberto (Galaxia, 1973; con prólogo de Ramón Otero Pedrayo)

Poesía en castelán Gemas de luz (1947) Ánfora Sonora soledad

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Xeración do 36

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega