Jornal Mapa é un xornal impreso en portugués de periodicidade trimestral.

Historia e características O primeiro número data de novembro de 2012 e ten unha tiraxe de 3000 exemplares distribuídos por librarías, centros sociais e educativos e quioscos. As súas informacións caracterízanse por estar enfocadas en acontecementos sen espazo nos medios de comunicación de masas e na actualidade das periferias culturais, así como na investigación e no fomento do pensamento crítico. Así, algúns dos seus temas centrais son a política, a xentrificación nas grandes cidades (en concreto, no Porto e en Lisboa), o ecoloxismo, a turistificación ou a economía social.

A empresa editora é unha asociación sen ánimo de lucro. Ao carecer de publicidade, o seu financiamento depende exclusivamente da venda dos exemplares impresos e de campañas anuais de micromecenado. Publícase baixo a licenza Creative Commons.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Jornal Mapa

Categoría:Xornais en lingua portuguesa Categoría:Xornais de Portugal