María Currea, nada en Bogotá o 28 de maio de 1890 e finada ibídem o 23 de maio de 1985, foi unha feminista, política, enfermeira e escritora colombiana cunha destacada participación na loita polos dereitos da muller no seu país que «marcou a existencia das mozas colombianas que se admiraban ante a súa rebeldía e a súa independencia».María Currea de Aya en.

Traxectoria María Currea Manrique naceu no seo dunha familia acomodada, filla do xeneral Aníbal Currea Bonilla, heroe da batalla de Cuaspud (1864) e dono dunha estancia, e de Hersilia Manrique Ramírez. Casou con Ruperto Aya, tamén xeneral revolucionario na Guerra do Mil Días, quen a impulsou para que fixese realidade o seu máis grande soño: traballar en defensa dos dereitos da muller».Responsable de la destrucción de Arbeláez (Cundinamarca) o 29 de xaneiro de 1902.

Por intermedio do seu marido entrevistouse co presidente Olaya Herrera en apoio da Lei 28 de 1932 outorgando os primeiros dereitos civís á muller. En 1937 viaxou aos Estados Unidos onde estudou no Centro Henry Street e se graduou como enfermeira no Presbyterian Hospital de Nova York. Alí estabeleceu contactos coa Comisión Interamericana de Mulleres, converténdose en representante de Colombia, entre os anos 1938 e 1948. Pasou logo a Francia onde obtivo o título de doutora en Filosofía e Letras da Universidade da Sorbona de París.

Quedou viúva en 1953. O goberno conservador promovía un acordo entre os dous partidos dominantes para promover o sufraxio feminino en Colombia. En decembro de 1953 foi novamente nomeada representante de Colombia ante a Comisión Interamericana de Mulleres e en 1954 fundou con Bertha Hernández, esposa do expresidente Mariano Ospina Pérez, a Organización Nacional Feminina e foi incluída polo goberno do xeneral Gustavo Rojas Pinilla na comisión para apoiar a causa do sufraxio feminino na Asemblea Constituínte.Bertha Hernández de Ospina presidió la nueva organización y María Currea de Aya fue su vicepresidente. Integraban a comisión as conservadoras Josefina Valencia de Hubach e Teresa Santamaría de González (suplente) e as liberais Esmeralda Arboleda de Uribe e María Currea de Aya (suplente).

Apenas aprobada a lei, María Currea mostrouse partidaria da creación dun partido feminino deixando de lado os partidos tradicionais. Nesa posición coincidiría con Ofelia Uribe de Acosta e a Unión Feminina de Colombia, pero non sería apoiada polos movementos feministas conservadores, incluíndo a Bertha Hernández, e socialistas.Los derechos de la mujer, El Tiempo, Bogotá, 29 de agosto de 1954.

Xunto ás súas compañeiras de loita e á súa filla Beatriz Aya de Cárdenas, María Currea percorreu o país impulsando ás colombianas a obter a cédula de cidadanía, o que permitiu finalmente votar por primeira vez no plebiscito de decembro de 1957 a 1 835 255 mulleres.

En 1959 foi elixida concelleiro de Bogotá, primeira muller en alcanzar ese cargo.

Notas

Categoría:Nados en 1890 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Finados en 1985 Categoría:Feministas de Colombia Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Personalidades sen imaxes