Vanguard foi o nome do primeiro foguete civil dos Estados Unidos. Pragado de problemas, non chegou a ser o primeiro foguete americano en poñer un satélite en órbita.
Características O foguete Vanguard foi desenvolvido pola Armada dos Estados Unidos como lanzador civil coa idea de poñer en órbita o primeiro satélite artificial no contexto do Ano Xeofísico Internacional. Finalmente a Unión Soviética adiantaríase, poñendo en órbita o Sputnik 1 e ademais sería o Jupiter C o primeiro foguete americano en poñer en órbita un satélite artificial.
Historial de lanzamentos Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 1 23 de outubro de 1957 Cabo Cañaveral LC-18A N/A Éxito. Lanzamento de probas con segunda e terceira etapas non funcionales. 2 6 de decembro de 1957 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 1A Fallo. Perda de potencia e explosión do foguete aos 2 segundos do lanzamento. 3 5 de febreiro de 1958 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 1B Fallo. Perda de control do foguete aos 57 segundos do lanzamento. 4 17 de marzo de 1958 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 1 Éxito. Primeiro lanzamento exitoso dun foguete Vanguard. 5 29 de abril de 1958 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 2A Fallo. A terceira etapa non se acendeu. 6 28 de maio de 1958 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 2B Fallo. Traxectoria anómala da terceira etapa. 7 26 de xuño de 1958 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 2C Fallo. Apagado prematuro da segunda etapa. 8 26 de setembro de 1958 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 2D Fallo. Potencia insuficiente da segunda etapa. 9 17 de febreiro de 1959 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 2 Éxito. . 10 14 de abril de 1959 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 3A Fallo. Segunda etapa danada durante a separación da primeira etapa. 11 22 de xuño de 1959 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 3B Fallo. Fallo da segunda etapa. 12 18 de setembro de 1959 Cabo Cañaveral LC-18A Vanguard 3 Fallo parcial. Foguete Vanguard modificado cunha terceira etapa máis potente. O satélite entrou en órbita pero a terceira etapa non se separou.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vanguard 1 Vanguard 2 Vanguard 3
Categoría:Foguetes espaciais