Beatriz Graña Barcia, coñecida como Beatriz Barcia, nada en Ferrol o 27 de setembro de 1960, é unha actriz galega.Currículo no sitio web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Traxectoria Entre 1976 e 1984 foi membro do grupo afeccionado Teatro-Estudio Valle-Inclán de Ferrol dirixido por D. Antonio Dopico Prada. Licenciouse en Psicoloxía en 1984 pola Universidade de Santiago de Compostela.
A partir de 1990 comezou no teatro profesional traballando coa compañía Teatro da Lúa, S.L. da directora, actriz e dramaturga Dorotea Bárcena, converténdose en socia da citada compañía ata o ano 2005, representando os seguintes espectáculos:
1991-1992: Cabaret Alén de Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. Dirección: Ovidio L. Blanco e Dorotea Bárcena. 1992-1993: De Picas, Cruces e Carabelas. Farsa de Conquista e Encomendas escrita e dirixida por Roberto Salgueiro. Cía. Teatro da Lúa. 1993-1994: A Irmandade do Graal escrita e dirixida por Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. 1994-1995: Celestina. (Fantasía Para Xoguetes) escrita e dirixida por Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. 1995-1996 Entre Bastidores escrita e dirixida por Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. 1996-1997 As Troianas. Botín de Guerra de Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. Dirección: Gina Piccirilli. 1998-1999 Ultimamente Non Durmo Nada de Alber Ponte. Cía. Teatro da Lúa. Dirección: Gina Piccirilli. 1999-2001 A Longa Agonía das Centolas de Ovidio L. Blanco. Cía. Teatro da Lúa. Dirección: Gina Piccirilli. 2001-2002 Con Flores a María escrita e dirixida por Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. 2002-2003 As mulleres do porvir: Concepción, Rosalía, Emilia de Dorotea Bárcena. Cía. Teatro da Lúa. Dirección: Xan Cejudo.
Filmes Martes de Carnaval, 1991 O baile das ánimas, 1993 Décimo aniversario, 1998 (mediametraxe) A caída dun manager malvado, 2000 (curtametraxe) Hævn, 2001
Notas
Categoría:Actores de Ferrol Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Pintores de Galicia do século XXI