O aeroporto internacional Juan Santamaría é o principal aeroporto que serve a San Xosé, a capital de Costa Rica. Está situado na cidade de Alajuela, a 20 quilómetros ao oeste do centro de San Xosé. Foi bautizado na honra do heroe nacional do país Juan Santamaría, un tamborileiro que morreu en 1985 defendendo Costa Rica contra forzas lideradas polo filibusteiro estadounidense William Walker.
O aeroporto é un centro de conexións para as aeroliñas locais Nature Air e Sansa Airlines, e unha cidade focal para Copa Airlines e Avianca. Foi a única porta de entrada internacional do país durante moitos anos, pero a día de hoxe tamén hai un aeroporto internacional en Liberia. Ámbolos dous aeroporto teñen voos directos a Norteamérica, Centroamérica e Europa, coa diferenza que o Juan Santamaría ten tamén voos cara Suramérica e O Caribe.
O aeroporto Juan Santamaría chegou a ser o aeroporto máis concorrido de Centroamérica, pero a día de hoxe ´é o segundo tras o aeroporto internacional de Tocumen en Panamá. No ano 2016 usaron as súas instalacións un total de 4 595 355 pasaxeros.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Juan Santamaría