Loving Vincent é un filme animado de 2017 escrito e dirixido por Dorota Kobiela e Hugh Welchman. É un drama biográfico sobre a vida do pintor Vincent van Gogh, e en particular, as circunstancias da súa morte. Trátase do primeiro filme animado completamente pintado ó óleo. É unha produción polaca creada por Polski Instytut Sztuki Filmowej, e parcialmente a través dunha campaña de Kickstarter. Foi concibido orixinalmente como unha curtametraxe de 7 minutos no ano 2008, Loving Vincent foi imaxinada por Dorota Kobiela, unha pintora, despois de estudar as técnicas e a historia do artista a través das súas cartas.
Cada unha das 65 000 imaxes do filme é unha pintura ó óleo, empregando as mesmas técnicas que Van Gogh, creadas por un equipo de 125 pintores. Estreouse no Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy. Gañou o premio de mellor filme de animación nos Premios do Cinema Europeo de Berlín e foi nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación na 90ª edición dos premios.
Personaxes miniatura|Os directores Dorota Kobiela e Hugh Welchman na estrea do filme en París, xunto co actor Pierre Niney que chegou a voz de Armand Roulin na versión francesa. Robert Gulaczyk como Vincent van GoghWaring, Olivia (2016) This animated Van Gogh movie rendered entirely in paint looks unbelievably stunning; Metro 87.1M, 23 de marzo de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2016.‘Loving Vincent’ Starring Vincent van Gogh; Fashion Industry Broadcast FIB, 4 de abril de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2016.Loving Vincent (2016) Full Cast & Crew; IMDb. Consultado o 4 de agosto de 2016. Douglas Booth como Armand Roulin Jerome Flynn como Paul Gachet Saoirse Ronan como Marguerite Gachet Helen McCrory como Louise Chevalier Chris O'Dowd como Joseph Roulin John Sessions como Père Tanguy Eleanor Tomlinson como Adeline Ravoux Aidan Turner como home do bote
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no século XIX