Coralia foi unha revista de tendencias de moda, entrevistas a personaxes da actualidade social galega e reportaxes editada en Santiago de Compostela. Naceu no ano 2016 e publícase trimestralmente, cun número por cada estación do ano, en galego e inglés.
Historia e características A súa distribución comezou por establecementos do comercio local compostelán, chegando en 2018 a quioscos e librarías das catro provincias galegas. Toma o seu nome dunha das irmás das chamadas "As dúas Marías", pertencentes ao imaxinario urbano da capital.
Foi fundada por Álex Regueiro e Alfredo Iglesias. Logo do falecemento deste, continuou Regueiro como o seu director. Miranda Priestly S.L., a empresa que a edita, recibiu en 2016 o Premio Manuel Beiras pola súa incorporación ao galego.
Desde setembro de 2018 contou cunha versión dixital cos contidos da edición física.
Na primavera de 2022 presentaron os premios Alfredo Diéguez, que recoñecen distintas persoas da escena cultural galega, en cadansúa categoría.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:2016 en Galicia Categoría:Moda galega