Beatriz Fraga Cameán, nada en Carballo en 1967, é unha escritora e profesora de Educación Primaria galega.

Traxectoria Traduciu para o galego Heidi (2000) e Pinocchio (2000), da serie Movil Books (Sotelo Blanco Edicións), e Dadahwat (Lendas indias norte­americanas) (Galaxia-Editores Asociados). Tamén para Editorial Galaxia, realizou as actividades didácticas e a tradución de varios títulos da colección ­Espazos. No ano 2009, publicou Marcelo o morcego, conto para nenos no que experimenta coa prosa rimada, o humor e o cuestionamento dos roles. Co relato “Un sitio perfecto para o peixe globo”, participou no proxecto literario colectivo Contos de taberna, organizado polo Concello de Carballo e recollido posteriormente no libro do mesmo título (Edicións Embora, 2014).

Xunto con Carlos Lema creou Euseino? Editores. Forma parte, como cofundadora e vicepresidenta, do Padroado da Fundación Euseino?

Obra Ficción Marcelo o morcego (Editorial Galaxia, 2009). O Rei Portador e outras historias (Euseino? Editores, 2013). Lica (serie Onocrótalo, Euseino? Editores, 2017).

Ensaio A representación da Bela Dormente a través da indumentaria. Da pintura prerrafaelita ás "imageries" de Warja Lavater. (Euseino? Editores, 2020).A representación da Bela Dormente a través da indumentaria. Da pintura prerrafaelita ás "imageries" de Warja Lavater

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nota biográfica na web de Euseino? Editores.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Editores de Galicia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1967