A tarde dun día de cans, (en ), tamén coñecida como Tarde de cans, é un filme estadounidense de 1975 dirixido por Sidney Lumet, escrito por Frank Pierson e protagonizado por Al Pacino, John Cazale, Chris Sarandon e Charles Durning. O seu título orixinal fai referencia ao período canicular en verán, durante o que está ambientado o filme.

O filme está inspirado polo artigo "The Boys in the Bank", de P. F. Kluge publicado na revista LIFE, sobre un atraco similar nun banco de Brooklyn por parte de John Wojtowicz e Salvatore Naturale o 22 de agosto de 1972.

Foi emitido na TVG o 16 de febreiro de 1990.La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 1990. Páx. 71

Argumento O filme está baseado en feitos reais ocorridos en 1972. Un veciño de Brooklyn, Sonny Wortzik (Al Pacino), decide xunto con outro inexperimentado delincuente, Salvatore Naturile, Sal, (John Cazale) roubar un banco do mesmo barrio de Nova York para conseguir o diñeiro que lle demanda a operación de cambio de sexo da súa parella, Leon Shermer (Chris Sarandon), mais fracasan ao descubriren que o banco non tiña suficiente diñeiro en efectivo, xa que fora recollido horas antes. A policía, despois o FBI, os xornais e milleiros de curiosos fanse presentes, e todo se vai transformando nun espectáculo. Tanto algúns curiosos como reféns, comezan a simpatizar con Sonny, logo de que el sae á rúa a arengar a xente. Comezan as negociacións entre Sonny e o policía Eugene Moretti (Charles Durning), que axiña é substituído polo axente do FBI Sheldon (James Broderick), debendo permanecer durante horas negociando e mantendo varios reféns. Sal preocúpase máis polos xornalistas que o sinalan como homosexual que polo seu rol de asaltante.

Leon aparece no banco a petición de Sonny e explica publicamente a súa relación con el, a súa condición de transexual e os motivos do asalto. A acción continúa ata a noite cando Sonny xa negociou co FBI o seu traslado ao aeroporto cos reféns, onde rematará o espectáculo. Mentres agardan no coche na pista do aeroporto a que o avión se poña en posición para engalar, o axente Murphy lembra de novo a Sal que manteña a súa arma de xeito que non se dispare por accidente. Sal faino e Sheldon obrígao a poñer a arma no taboleiro do coche, creando unha distracción que permite a Murphy sacar un revólver agochado no repousabrazos e disparar a Sal na cabeza. Sonny é detido e todos os reféns son escoltados ata a terminal.

Elenco Al Pacino - Sonny Wortzik John Cazale - Salvatore "Sal" Naturile Penelope Allen - Sylvia Charles Durning - Detective Eugene Moretti Chris Sarandon - Leon Shermer James Broderick - Axente FBI Sheldon Sandra Kazan - Deborah Beulah Garrick - Margaret Carol Kane - Jenny, caixeira Sully Boyar - Mulvaney Judith Malina - Señora Wortzik Lance Henriksen - Axente Murphy do FBI

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The original Life magazine article en Google Books Al Pacino's Loft

Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sidney Lumet Categoría:Filmes sobre crime Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados en 1972 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1975 con versión en galego