Só para os teus ollos (en ) é un filme de espías de 1981 e o décimo segundo filme da franquía James Bond en ser producido por Eon Productions. É o quinto filme da serie en estar protagonizado por Roger Moore, que interpreta o axente do MI6 James Bond. Supuxo o debut como director de John Glen, que traballara previamente como editor e director de segunda unidade noutros tres filmes de Bond.
O guión é obra de Richard Maibaum e Michael G. Wilson e mestura personaxes e elementos do argumento de dúas historias curtas de Ian Fleming, For Your Eyes Only e "Risico".
Sinopse Neste filme, o axente James Bond debe recuperar un dispositivo militar secreto de guía por satélite denominado ATAC, iñantes de que sexa vendido á Unión Soviética. Para recuperalo, 007 contará coa axuda dunha moza grega chamada Melina Havelock (cuxos pais foron asasinados) e dun contrabandista grego chamado Milos Columbo.
Personaxes
Roger Moore como James Bond Carole Bouquet como Melina Havelock Chaim Topol como Milos Columbo Julian Glover como Aristotle Kristatos Lynn-Holly Johnson como Bibi Dahl Michael Gothard como Emile Leopold Locque Cassandra Harris como Condesa Lisl von Schlaf John Wyman como Erich Kriegler Desmond Llewelyn como Q Jill Bennett como Jacoba Brink Jack Hedley como Sir Timothy Havelock Lois Maxwell como Miss Moneypenny Geoffrey Keen como Sir Frederick Gray James Villiers como Bill Tanner John Moreno como Luigi Ferrara Walter Gotell como Xeneral Gogol Toby Robins como Iona Havelock Jack Klaff como Apostis Stefan Kalipha como Hector Gonzales Charles Dance como Claus Eva Reuber-Staier como Rublevich Janet Brown como Margaret Thatcher John Hollis como "malvado calvo na cadeira de rodas"
Recepción Aínda que foi recibido con críticas ambivalentes, o filme foi un grande éxito en portelos. Xerou un total de 54,8 millóns de dólares nos Estados Unidos e 140,5 millóns de dólares no resto do mundo. Desa maneira recadou en todo o mundo un total de $195,3 millóns de dólares.For Your Eyes Only (1981) . The Numbers. Consultado o 30 de abril de 2026.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por John Glen Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes ambientados en Albania Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Grecia Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados nas Bahamas Categoría:Filmes de James Bond Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1981 con versión en galego