Michael "Mikko" Kozarowitzky, nado en Helsinqui o 17 de maio de 1948, é un expiloto de carreiras de Finlandia. Cun sólido historial en varias fórmulas inferiores, chegou a Fórmula Un en 1977. Pilotando para o equipo RAM, que estaba funcionando entón con autmóbiles March 761, Kozarowitzky entrou o Gran Premio de Suecia de 1977 onde non puido clasificarse principalmente grazas á falta de tempo de proba no coche.
O seu seguinte intento foi no Gran Premio do Reino Unido de 1977 onde non puido precualificarse logo dun accidente evitando a Rupert Keegan durante a práctica. Kozarowitzky rompeuse a man no accidente e foise do equipo despois de que quixesen que tratase de clasificar no auto de reposto malia a súa lesión. Os seus plans na Fórmula Un para 1978 non chegaron a nada debido á falta de fondos, e logo retirouse do deporte.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos RAM / F&S March 761 Cosworth V8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWENSC FRA GBRNSCP ALE AUT NED ITA USA CAN XPN NC 0
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Biography at F1 Rejects
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Finlandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de RAM Racing