Edelweiss Air é unha aeroliña de vacacións suíza pertencente na súa totalidade a Swiss International Air Lines, formando polo tanto parte do Lufthansa Group. Opera voos a destinos europeos e intercontinentais dende a súa base no aeroporto de Zürich.

Historia A aeroliña fundouse o 19 de outubro de 1995 e Bassersdorf, Suíza cun só avión, un McDonnell Douglas MD-83. O nome da compañía deriva da flor nacional (non oficial) do país, a edelweiss, que tamén aparece pintada nos seus avións.

A frota foi medrando e renovándose. No ano 1998 chegaron novos Airbus A320-200 para substituír os MD-83, e no ano 1999 a aeroliña comezou a realizar voo de longo alcance usando o Airbus A330-200.

Ata novembro de 2008 Edelweiss Air foi propiedade de Kuoni Travel Ltd, cando os seus dereitos de operación se venderon a Swiss International Air Lines, a cambio de dereitos de venda de capacidades de hoteis a través da rede de vendas de Swiss. Xa que Swiss International Airlines fora mercada polo Lufthansa Group en 2005, Edelweiss Air tamén pasou a ser unha subsidiaria do grupo de aeroliñas máis grande de Europa na época cando foi adquirida por Swiss.

En marzo de 2011 Edelweiss Air engadiu o máis grande Airbus A330-300 á súa frota, despois dun pedido realizado o 5 de abril de 2010. En xullo de 2015 anunciouse que Edelweiss recibiría catro Airbus A340-300 entre 2017 e 2018 operados anteriormente por Swiss International Air Lines. Estes avións van ser usados para ampliar a súa rede de rutas.

En novembro de 2015 Edelweiss estreou unha librea revisada un dos seus Airbus A320-200 que se aplicaría posteriormente a toda a súa frota. En decembro de 2016 Edelweiss retirou o seu único A330-200, que pasou a mans de Brussels Airlines e vai ser substituído por un dos A340-300 herdados de Swiss.

Frota thumbnail|Airbus A320-200 de Edelweiss Air En marzo de 2018 a frota de Edelweiss Air estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Edelweiss AirAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasJY+YTotalAirbus A320-2008—12—156168—174174Airbus A330-3002—2756232315Airbus A340-3003—2776211314Herdados de Swiss International Air LinesTotal13—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Suíza