Línea Aérea Amaszonas S.A., normalmente acurtado a Amaszonas, é unha aeroliña boliviana con sede na Paz. Opera voos regulares e chárter de pasaxeiros de curto alcance domésticos ademais de voar cara ao Perú, Chile, Paraguai e a Arxentina. O centro de conexións da súa rede atópase no aeroporto internacional El Alto.
Historia A compañía fundouse o 1 de outubro de 1998, pero os voos comezaron no ano 2000. Inicialmente Amaszonas operou vos chárter usando unha pequena frota de avións turbohélice dos modelos Cessna 208 Caravan e Fairchild Swearingen Metroliner. No ano 2012, tras a desaparición de AeroSur, a aeroliña mercou cinco Bombardier CRJ200 a Avmax Aircraft Leasing Inc. co obxectivo de iniciar voos regulares de pasaxeiros. O primeiro destes avións de 50 prazas foi posto en servizo a finais de agosto na ruta entre A Paz e Santa Cruz de la Sierra.
En 2015 Amaszonas mercou a aeroliña uruguaia BQB Líneas Aéreas cinco días despois de que esta cesase as súas operacións. Dende o 4 de maio a aeroliña tomou o control das rutas que operaba BQB antes do seu peche.
Frota miniatura|Bombardier CRJ200 de Amaszonas En decembro de 2017 a frota de Amaszonas estaba formada polos seguintes avións:
AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasBombardier CRJ200LR7—50DHC-8-2001——Total8—
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Bolivia