A Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña creouse no ano 2001 (DOG de 12 de decembro de 2001),DOG. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. DECRETO 305/2001, do 29 de novembro, polo que se crea a Facultade de Ciencias da Saúde por transformación da Escola Universitaria de Terapia Ocupacional no campus da Coruña da Universidade da Coruña. por transformación da Escola Universitaria de Terapia Ocupacional.
A súa sede está situada no Campus da Coruña, no Hospital Marítimo de Oza.
Características A Facultade conta cun sistema de garantía interna de calidade (SGIC), con obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas, atendendo ao proceso deseñado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).Facultade de Ciencias da Saúde. Nela inclúese o Departamento de Medicina.
Oferta formativa Grao en Terapia Ocupacional, recoñecido en España como a titulación máis prestixiosa desta disciplina científica e a primeira en adaptarse aos ensinos do Espazo Europeo de Educación Superior. Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Ofrece tres especialidades: Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida (presencial). Fundamentos de Investigación Biomédica (presencial). Investigación Clínica (presencial e en liña). Máster Interuniversitario en Xerontoloxía Clínica, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (presencial). Máster Interuniversitario en Ciencia e Tecnoloxía en Termalismo e Balneoterapia, en colaboración coa Universidade de Vigo (presencial e en liña).
Os másteres están dirixidos a profesionais do ámbito das Ciencias da saúde e a outras afíns relacionadas coa asistencia e a investigación sanitaria. Constitúen o período de formación dos Programas de Doutoramento en Ciencias da saúde adscritos ao Departamento de Medicina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Terapia ocupacional Terapeuta ocupacional
Ligazóns externas Facultade de Ciencias da Saúde
Categoría:Facultades na Coruña Categoría:Ciencias da saúde