Gioconda Belli, nada en Managua o 9 de decembro de 1948 é unha poeta, novelista e activista nicaraguana. A súa obra literaria caracterízase polo seu compromiso político e por rescatar e profundar no universo feminino, reivindicando o papel das mulleres na sociedade e na construción da cultura. En 1972, co seu primeiro libro Sobre la grama, revoluciona a poesía centroamericana ao abordar sen andrómenas o corpo e a sexualidade feminina. O seu activismo levoulle a militar na Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), e a ocupar durante un tempo (de 1979 a 1994) cargos de responsabilidade toda vez que os sandinistas derrocaron a Somoza.

Traxectoria O seu pai, Humberto Belli, era empresario, e a súa nai, Gloria Pereira, foi fundadora do Teatro Experimental de Managua. Belli cursou a súa primaria no Colegio de la Asunción en Managua e a secundaria no Real Colegio de Santa Isabel en Madrid, España, en 1965. Tras obter un diploma en Publicidade e Xornalismo en Filadelfia, Estados Unidos, regresou a Managua.

Casou en 1967. A súa primeira filla, Maryam, naceu en 1969 e a segunda, Melissa, en 1973. Do seu segundo matrimonio naceu Camilo en 1978. Casou por terceira vez en 1987, de cuxa unión nace Adriana en 1993. En 2008 alternaba o seu tempo entre os Estados Unidos e Nicaragua.

Durante a ditadura somocista, Gioconda Belli é perseguida. Exíliase en México e Costa Rica, ata que, co triunfo da Revolución Sandinista en 1979, volve a Nicaragua, onde desempeña diversos cargos no novo goberno ata a súa renuncia en 1994.

Compromiso político Opúxose á ditadura do xeneral Anastasio Somoza Debayle. Desde 1970, ano en que comezou a escribir os seus poemas, pasou a integrar as filas da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) nese momento unha organización clandestina e perseguida cuxo obxecto era o derrocamento do réxime somocista.

Foi correo clandestino, transportou armas, viaxou por Europa e América Latina obtendo recursos e divulgando a loita sandinista. Chegou a ser membro da Comisión Político-Diplomática do FSLN.

Traxectoria literaria A súa traxectoria literaria está atravesada pola dualidade entre a nación e o xénero sobre a que Belli se autorrepresenta na súa obra autobiografica El país bajo mi piel. Memorias de amor e guerraː

Etapa 1970 - 1979 Os seus poemas apareceron por primeira vez no semanario cultural La Prensa Literaria do diario La Prensa do seu país. A súa poesía, considerada revolucionaria na súa maneira de abordar o corpo e a sensualidade feminina, causou gran balbordo. O seu libro Sobre la grama valeulle, en 1972, o premio de poesía máis prestixioso do país neses anos, o Mariano Fiallos Gil da Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua (UNAN). En 1978, xunto a Claribel Alegría, obtivo o prestixioso Premio Casa de las Américas no xénero poesía polo seu libro Linea de fuego, obra que escribiu mentres se atopaba vivindo no exilio en México por mor do seu activismo revolucionario e que reflicte o seu sentir sobre a situación política de Nicaragua. Nesa ocasión é convidada, tamén, a participar como xurado, motivo polo cal viaxa a Cuba para ser lectora dos libros nomeados xunto a Jullo Cortázar.

Etapa 1980 - 1990 Despois do triunfo da Revolución Nicaraguana o 19 de xullo de 1979 ocupou varios cargos dentro do goberno sandinista. En 1984 foi representante sandinista ante o Consello Nacional de Partidos Políticos e voceiro do FSLN na campaña electoral dese ano. Belli deixou todo cargo oficial en 1986 para dedicarse a escribir a súa primeira novela. Foi directiva da Unión de Escritores e foi unha das fundadoras do suplemento literario Ventana do diario Barricada.

Entre 1982 e 1987, publicou tres libros de poesía: Truenos y Arco Iris; Amor Insurrecto e De la costilla de Eva. Estes libros ou seleccións dos mesmos publicáronse en México, España, Alemaña, Bélxica, Inglaterra, Italia e Estados Unidos de América.

En 1987 publicou El taller de las mariposas, un conto para nenos e nenas que se editou tamén nos idiomas alemán, holandés e italiano. Con esta obra obtivo o Premio Luchs (Loita) do Semanario alemán Die Zeit en 1992.

En 1988 Belli publicou a súa primeira novela La mujer habitada, que foi moi aclamada pola crítica e alcanzou en Europa e América Latina grandes tiraxes e numerosas edicións. En Alemaña –onde a tiraxe chegou a un millón de exemplares e levou a  máis de vinte edicións- a novela obtivo o Premio dos bibliotecarios, editores e libreiros de Alemaña á Novela Política do Ano (1989). Ese ano a autora recibiu tamén o Premio Anna Seghers. Desde a súa publicación a novela foi traducida a once idiomas e tivo grande éxito editorial en España e Italia. Nos Estados Unidos, Warner Books publicouna baixo o nome The Inhabited Woman.

Etapa 1990 en adiante dereita|miniatura|187x187px|Gioconda Belli xunto ao escritor chileno Ramón Díaz Eterovic, en 1989. miniatura|Gioconda Belli, Feira do libro de Leipzig 2016 En 1990 publicou a súa segunda novela, Sofía de los presagios; en 1996, Waslala, ámbalas dúas traducidas a varios idiomas. En xaneiro de 2001 apareceu, en Plaza Janés, o seu libro El país bajo mi piel, un testemuño dos seus anos no sandinismo que foi publicado, simultaneamente, en alemán, holandés e italiano. Publicouse nos Estados Unidos no outono do 2002 baixo o selo editorial Knopf e en Inglaterra, pola Editorial Bloomsbury de Londres. Hai unha edición en inglés de 2002 titulada The country under my skin: A Memory of Love and War.

A súa novela El pergamino de la seducción mereceu en 2005 o Premio Pluma de Plata na Feira do Libro de Bilbao.

En 2006 co seu poemario Fuego soy apartado y espada puesta lejos gañou o Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla na súa XXVIII edición.

A cantante catalá Carme Canela gravou un disco con algúns dos seus poemas de madurez en clave de jazz que se editou na primavera de 2008 baixo o título Carme Canela canta Gioconda Belli. Sencillos Deseos

En febreiro do 2008 publicou a súa novela El infinito en la palma de la mano, que foi merecedora do Premio Biblioteca Breve de Novela 2008 da editorial española Seix Barral e o Premio Sor Juana Inés da Cruz da Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, México.

El país de las mujeres (2010) fala dun país gobernado por mulleres. O libro foi titulado orixinalmente co nome de Crónicas de la Izquierda Erótica, baseado no Partido da Esquerda Erótica que, na novela, é o que fundan un grupo de mulleres na ficticia Faguas e co que chegan ao poder. O nome Partido da Izquierda Erótica utilizouno en Nicaragua nos anos 80 un grupo de mulleres entre as que estaba Belli. Chamábano o PÉ e foi bautizado así usando o termo acuñado no poemario da poeta guatemalteca Ana María Rodas: Poemas de la Izquierda, razón pola que tivo que cambiar o nome.

A súa novela El intenso calor de la luna, foi lanzada en agosto en Latinoamérica, e en setembro do 2014 en España.

Obras publicadas Sobre la grama (1972) - Poesía Línea de fuego (1978) - Poesía Truenos y arco iris (1982) - Poesía Amor insurrecto (1984) - Poesía (Antología) De la costilla de Eva (1986) - Poesía La mujer habitada (1988) - Novela Poesía reunida (1989) - Poesía Sofía de los presagios (1990) - Novela El ojo de la mujer (1991) - Poesía (Antología) Sortilegio contra el frío (1992) El taller de las mariposas (1994) - Cuento infantil Waslala (1996) - Novela Apogeo (1997) - Poesía El país bajo mi piel, memorias de amor y de guerra (2001) - Autobiografía El pergamino de la seducción (2005) - Novela Fuego soy apartado y espada puesta lejos (2006) - Poesía El infinito en la palma de la mano (2008) - Novela El país de las mujeres (2010) - Novela En la avanzada juventud (2013) - Poesía El intenso calor de la luna (2014) - Novela

Premios e recoñecementos Sobre la Grama - Premio Mariano Fiallos Gil de Poesía de la Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua, 1972 Línea de Fuego - Premio Casa de las Américas de poesía, 1978 La Mujer Habitada - Premio Novela Política do ano dos libreiros, bibliotecas e editores de Alemaña (Fundación Friedrich Ebert), 1989 La Mujer Habitada - Premio Anna Seghers, 1989 El Taller de las Mariposas - conto infantil que foi Premio Luchs (Loita) do Semanario Die Zeit, 1992 Mi íntima multitud - Premio de Poesía Generación del 27, 2002 El País bajo mi piel - Finalista Los Angeles Times Book Prize, 2003 El pergamino de la seducción - Premio Pluma de Plata, 2005 (Feria del Libro de Bilbao) Fuego soy apartado y espada puesta lejos - Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla, XXVIII Edición 2006 El infinito en la palma de la mano - Premio Biblioteca Breve de Novela, 2008 El infinito en la palma de la mano - Premio Sor Juana Inés de la Cruz, 2008 (Feira Internacional do libro de Guadalaxara) El País de las Mujeres - Premio Hispanoamericano de Novela La Otra Orilla, VI Edición 2010 Medalla de recoñecemento do Teatro Nacional Rubén Darío por 25 anos de labor cultural. Membro da Academia Nicaragüense de la Lengua. Membro de PEN Club Internacional. Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras que otorga o Ministerio de Cultura de Francia (2013) Premio ó Mérito Literario Internacional Andrés Sabella (2014) Premio de belas artes de Francia (2014)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Poesía de Gioconda Belli

Textos de Gioconda Belli .

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Escritores de Nicaragua Categoría:Nados en Managua Categoría:Novelistas de Nicaragua Categoría:Poetas en lingua castelá