Maria Manuela Couto Viana, nada en Viana do Castelo o 3 de marzo de 1919 e finada en Lisboa o 4 de xaneiro de 1983, foi unha actriz, declamadora e escritora portuguesa.O Grande Livro dos Portugueses de orixe galega"'Queixa', de María Manuela Couto Viana", artigo na web da Real Academia Galega, 9 de abril de 2013.. Foi irmá de António Manuel Couto Viana.

Traxectoria Aos trece anos xa colaboraba na prensa da súa vila natal, e aos dezaseis estreouse no cinema. Publicou unha obra en lingua galega, o poemario Frauta lonxana, que apareceu editado na Colección Salnés.

Filmografía Revolução de Maio Ensaio Interrompido (1963) O Chapéuzinho Vermelho (1964) Cathleen em Houlihan (1968)

Obra literaria Raízes que não Secam (1942, novela) Menina Mansa e Outras Poesias (1950) Frauta lonxana (Editorial Galaxia, 1964; poesía) A Varanda Verde (1956) (teatro) O Mundo dos Meninos Verdes (1970) (novela infantil) Bruxas, Feitiços. Defuntos, Aparições (1973) (crónicas) Encruzilhadas (1979) (estórias)

Premios 1.º premio do concurso do Grémio Nacional dos Editores e Livreiros en 1942 por Raízes que não Secam.

Notas

Categoría:Nados no distrito de Viana do Castelo Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Actores de Portugal Categoría:Personalidades sen imaxes