Non confundir con Enma González Bermello (1931-2014), política galega.

X González, nada como Emma González, tamén soletreado Gonzalez o 11 de novembro de 1999 en Parkland (Florida), é unha activista estadounidense e defensora do control das armas.

Traxectoria En febreiro de 2018, sendo estudante do instituto Stoneman Douglas, sobreviviu ó tiroteo ocorrido na súa cidade natal, e en resposta cofundou o grupo Never Again MSD, a prol do control de armas nos Estados Unidos.

González chamou a atención no seu país cando o discurso que deu nunha concentración contra a violencia das armas se fixo viral. Proclamou o famoso "We call B.S." sobre a falta de acción dos políticos financiados pola National Rifle Association. González continuou a ser activista a prol do control das armas facendo aparicións nos medios de comunicación e axudando a organizar a March for Our Lives, que se converteu na meirande protesta estudantil na historia dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia cubana Categoría:Nados en Florida Categoría:Nados en 1999 Categoría:Persoas non binarias