A festa do polbo do Carballiño é unha festa gastronómica celebrada no concello ourensán do Carballiño o segundo domingo de agosto. Está declarada Festas de interese turístico internacional.
Aínda que a vila se atopa lonxe do mar, consómese polbo desde antigo, traendo polbo seco froito do intercambio comercial coas rexións costeiras de Galiza. Na actualidade o xeito máis común de preparalo é á feira. O labor das polbeiras do Carballiño é recoñecido en toda Galiza.
En 2014, a Real Academia Galega ratificouse no uso da forma polbo como normativa fronte á forma pulpo, que o concello do Carballiño solicitara que fora recoñecida tamén, baseándose en que é así como se coñece comunmente na localidade."'Pulpo' no entra na RAG", en La Voz de Galicia 29.03.2014. De feito, na páxina web do concello mantense a denominación Festa do Pulpo e exáltase o traballo de pulpeiros e pulpeiras..miniatura|Polbo á feira.|centro
Notas
Categoría:O Carballiño Polbo Categoría:Festas de interese turístico internacional de España